Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 13 de xuño de 1996 Páx. 5.830

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo de revisión salarial do convenio colectivo da empresa Prodemar.

Visto o expediente de revisión salarial do convenio colectivo Prodemar que tivo entrada nesta delegación provincial o día 10-4-1996 subscrito en representación da parte económica pola empresa e da parte social polo comité de empresa o día 4-2-1996 de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º , da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depositó no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 17 de abril de 1996.

Fernando Rodríguez Corcoba

Delegado provincial da Coruña

Acta da reunión da comisión partiaria do convenio colectivo de Promotora de Recursos Marítimos, S.A. (Prodemar, S.A.).

Pola empresa, Pablo García.

Pola parte social: Estaban Martínez Fondo, Pedro Pazos Redonda, Manuel A. Fernández Pérez, Jesús García Grille, Juan Manuel Saborido.

Sendo as 16 horas do día 4 de febreiro de 1996 reúnense os membros da dita comisión co fin de aproba-la revisión salarial pactada no convenio colectivo do ano 1995, dado que o IPC do dito ano foi do 4,3% e o incremento pactado foi do 4%, procede aumenta-la táboa salarial nun 0,3%, o cal se fará efectivo con carácter retroactivo ó 1-1-1995 e reflectirase na táboa de salarios para os efectos do convenio colectivo.

Así mesmo e de acordo co artigo 27 do convenio colectivo procédese a elabora-las novas táboas sala

riais coa aplicación do 4,5% acordado para o ano 1996, as cales se xuntan como anexo I.

Así mesmo, autorízase a Esteban Martínez Fondo para que proceda ó seu rexistro e publicación.

Sendo as 18 horas levántase a sesión e asínase a presente acta en sinal de conformidade.

ANEXO I

Táboa salarial 1996.

Promotora de Recursos Marítimos, S.A.

Salario

bruto

anual

Salario

base

mensual

(15 pagas)

Valor

hora

extra

Domingos

e

festivos

Producción
Subalternos1.260.15084.0101.154
Oficial 3ª1.372.56091.5041.2573.852
Oficial 2ª1.469.29597.9531.345
Oficial 1ª1.568.640104.5761.436
Encargado 2ª1.607.865107.1911.472
Encargado 1ª1.909.830127.3221.749
Vixilante1.910.820127.3881.749
Técnico2.415.585161.0392.212
Técnico superior4.030.095268.6733.690

Administración
Auxiliares1.260.15084.0101.154
Oficial 3ª1.437.91595.8611.316
Oficial 2ª1.607.865107.1911.472
Oficial 1ª1.830.090122.0061.676
Técnico superior3.216.480214.4322.945

Calendario laboral 1996

Días que non se traballan

Mes

Días pontes

Vacacións

Festivos

Días totais

Traballo ano

Horas totais

Traballo ano

Xaneiro1,622176

Febreiro

30 días naturais en dous períodos

de 15 días

21

168

Marzo21168
Abril7 días a elixir4,520160
Maio1,1721168
Xuño20160
Xullo2522176
Agosto1518
Setembro21168
Outubro1223184
Novembro120160
Decembro6,2520160
+2 festivos

locais

-2-16
Total2301840

Total horas: 1840 - 56 (7 días a elixir) = 1784

3279