Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 12 de xuño de 1996 Páx. 5.740

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 29 de maio de 1996 pola que se abre un novo prazo para a realización de solicitudes de bolsas de estudio para titulados e estudiantes de técnicas de empresas e actividades turísticas.

Ó abeiro da orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 11 de xaneiro de 1996 (Diario Oficial de Galicia do 22 de febreiro de 1996) pola que se convocan bolsas de estudios para titulados e estudiantes de técnicas de empresas e actividades turísticas a Secretaría Xeral para o Turísmo adxudicou as sinaladas bolsas pero, ben por falta de solicitudes ou ben por que estes non cumprían os requisitos esixidos, as correspondentes ás oficinas de información turística da Gudiña e Ribeira non puidenron ser adxudicadas.

Ante esta circunstancia decídese abril un novo prazo de presentación de solicitudes para adxudica-las bolsas de información turística para as sinaladas oficinas mantendo en tódolos demais aspectos a sinalada orde pero facendo constar que a dotación

das bolsas será de 225.000 ptas. (se o adxudicatario reside no municipio ou limítrofe ó de realización das prácticas) ou de 330.000 ptas. (cando o beneficiario resida noutro municipio da Comunidade Autónoma de Galicia distinto ós anteriores) cantidade que se axusta ó período de actividade que vai desde o 1 de xullo ata o 15 de setembro. Por todo isto,

DISPOÑO:

Abrir un período de quince días, contados desde o seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, para a presentación de solicitudes para a adxudicación de bolsas de estudios de información turística nas oficinas que a Xunta de Galicia ten dedicadas a tal finalidade nos municipios da Gudiña e Ribeira debendo as solicitudes que se fagan axustarse ós condicionantes que para estas se sinalan na base quinta da orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 11 de xaneiro de 1996 (Diario Oficial de Galicia do 22 de febreiro).

Santiago de Compostela, 29 de maio de 1996.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

3052