Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 11 de xuño de 1996 Páx. 5.734

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 1996 pola que se anuncia a convocatoria dun concurso público aberto e con tramitación de urxencia, para a contratación dunha asistencia consistente na colaboración técnica nos procesos de elaboración da contabilidade rexional de Galicia 1993 e 1994.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato de asistencia polo procedemento de concurso público aberto e con tramitación de urxencia, suxeito ás seguintes bases:

Obxecto do contrato: contratación dunha asistencia consistente nos traballos de colaboración técnica nos procesos de elaboración da contabilidade rexional de Galicia 1993 e 1994.

Orzamento: 5.388.000 ptas., IVE incluído.

Entidade contratante: Instituto Galego de Estatística.

Procedemento e forma de adxudicación: concurso público aberto e con tramitación de urxencia.

Prazo de execución: catro meses contados a partir da data da sinatura do contrato.

Documentación de interese para os licitadores: poderán retirala no Negociado do Rexistro do IGE, r/ Ramón Piñeiro, 27, Santiago de Compostela.

Presentación de ofertas: presentaranse segundo o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares, no prazo de 13 días contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG, no rexistro do IGE en horario de 9 ás 14 horas, ou ben na forma prevista no artigo 100 do Regulamento de contratos do Estado.

Apertura de proposicións: o sexto día seguinte hábil ó do remate de presentación de proposicións, ás 12 horas nas dependencias do IGE; en caso de cadrar en sábado, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

Fianza provisional: 107.760 ptas.

Fianza definitiva: 215.520 ptas.

O importe do presente anuncio, será por conta da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 1996.

José A. Campo Andión

Director do Instituto Galego de Estatística

4045