Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 11 de xuño de 1996 Páx. 5.734

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 20 de maio de 1996 de notificación da resolución relativa ó expediente de desfiuzamento administrativo da vivenda do expediente PO-83/450, conta 38, seguido contra Odilo Meijide Vidal.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a Odilo Meijide Vidal, beneficiario de vivenda en réxime de alugueiro, sita na rúa Conde de Torrecedeira, nº 73, 3º F, de Vigo, correspondente ó expediente PO-83/450, conta 38, que, con data do 20 de marzo de 1996 dictei resolución na que acordei a resolución de pleno dereito do contrato por falta de pagamento das cotas pendentes, e o lanzamento da devandita vivenda.

Requirido para o pagamento dos 94 recibos pendentes na data do 31 de outubro de 1995, que ascenden a un importe de 1.110.325 ptas., e transcorrido o prazo outorgado sen que o dito requirimento fora atendido, este feito constitúe causa legal suficiente para a resolución do contrato, desafiuzamento e lanzamento da vivenda, ó abeiro dos artigos 138 e 142 do Decreto 2214/1968, do 24 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de vivendas de protección oficial.

O lanzamento levarao a cabo o representante legal da entidade colaboradora Hnos. Alonso Garrán, S.L., con credencial para o efecto subscrita e asinada polo director xeral do IGVS e coa autorización xudicial para a entrada no domicilio de particulares na execución de actos forzosos da Administración, incorporada ó expediente e co auxilio das forzas da seguridade do Estado, automáticas ou locais.

Advírteselle ó interesado que, de conformidade co establecido no regulamento de vivendas de protección oficial, poderá evita-lo lanzamento se aboa o total da débeda coa recarga do 10% establecido no artigo 138 do Decreto 2214/1968, no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte a aquel en que teña lugar a publicación.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes a partir do día da súa publicación.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 1996.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

9604456