Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 11 de xuño de 1996 Páx. 5.732

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a adxudicación dos servicios de limpeza dos centros para servicios sociais de Pontevedra.

De conformidade co disposto no artigo 94.2º da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas, esta delegación provincial, resolve publica-las adxudicacións do servicio de limpeza nos centros que a continuación se relacionan, anunciados a concurso público no DOG nº 43, do 29 de febreiro de 1996:

-Residencia da Terceira Idade do Meixoeiro. Adxudícase á empresa Linorsa, polo importe de trece millóns catrocentas sesenta e sete mil seiscentas pesetas (13.467.600 ptas.).

-Centro Social de Coia. Adxudícase á empresa Limpezas Carballo, S.L., polo importe de dous millóns catrocentas sesenta e catro mil pesetas (2.464.000 ptas.).

-Centro de Social de Bouzas. Adxudícase á empresa Distribuciones y Exclusivas F.F. Lijó, polo importe de un millón oitocentas mil pesetas (1.800.000 ptas.).

-Centro Social de Ponteareas. Adxudícase á empresa Limpezas de Ponteareas, polo importe de un millón seiscentas dúas mil cincocentas corenta pesetas (1.602.540 ptas.).

-Fogar da 3ª Idade de Pontevedra. Adxudícase á empresa Linorsa, polo importe de tres millóns sesenta e nove mil trecentas sesenta pesetas (3.069.360 ptas.).

-Centro Base de Minusválidos de Pontevedra. Adxudícase á empresa Linorsa, polo importe de dous millóns novecentas oitenta mil seiscentas vinte pesetas (2.980.620 ptas.).

Vigo, 15 de abril de 1996.

P.D. (Orde 7-5-1994)

Miguel A. Vázquez Ares

Delegado provincial de Pontevedra

4039