Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 11 de xuño de 1996 Páx. 5.732

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se fai pública a adxudicación do concurso da asistencia técnica consistente na instalación, montaxe e atención dun stand institucional da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, na feira 19 Semana Verde de Galicia (Silleda).

Por Resolución do 26 de febreiro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, anunciouse o citado concurso público.

Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa, o titular da consellería resolveu adxudicarlle a asistencia técnica á empresa Escenoset, S.L., importe de adxudicación 7.575.000 pesetas.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993, DOG nº 239, 14-12)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

9604051