Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 11 de xuño de 1996 Páx. 5.730

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación das resolucións dos expedientes sancionadores I-106/95.2 e I-282/95 (incendios-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26

de novembro de 1992 (BOE do 27-11-1992), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a resolución do dito expediente por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e do seu Regulamento, do 23 de decembro.

O importe da sanción farase efectivo por transferencia bancaria ó número de conta 120.597 do Banco Pastor, código nº 0072, da oficina principal 0401, de Pontevedra, no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte día ó da presente publicación conforme o Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9-8-1993). De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobro pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante, de acordo co artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución e no prazo dun mes poderase interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia.

Pontevedra, 3 de maio de 1996.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

-Expediente: I-106/95.2.

Denunciado: Avelino Aresti Egaña.

Último enderezo coñecido: r/ Larrauri, 22-caserío, Sopelana-Biscaia.

Feito denunciado: acampada ilegal e queima sen autorización.

Precepto infrinxido: artigo 136 h) e 137 b) do regulamento da Lei de I.F.

Precepto sancionador: artigo 139 do regulamento da Lei de I.F.

Sanción: 7.000 ptas.

-Expediente: I-282/95.

Denunciado: Elías Cibeira Janeiro.

Último enderezo coñecido: r/ Padín-Arnego, 36511 Rodeiro.

Feito denunciado: abandono dun vehículo en zona forestal.

Precepto infrinxido: artigo 137 e) do regulamento da Lei de I.F.

Precepto sancionador: artigo 139 do regulamento da Lei de I.F.

Sanción: 50.000 ptas.

4006