Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T. e C.T. en A Pasaxe-Vincios, que ten as seguintes características especiais:
Peticionario: Granitos Vincios, S.L.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde unha liña propiedade da empresa eléctrica Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. ata o C.T. que se proxecta na Pasaxe-Vincios, concello de Gondomar.
Finalidade da instalación: subministra-la enerxía a nave industrial.
Características principais: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 250 m de lonxitude, con conductor tipo LA-30, sobre apoios de formigón.
C.T. de 160 kV, relación de transformación 15/20 kV-400/213 V.
Orzamento: 1.363.319 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 14 de maio de 1996.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
9604163