Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 11 de xuño de 1996 Páx. 5.726

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 1996 pola que se anuncia o concurso público, procedemento aberto, para a contratación mediante tramitación urxente da obra de construcción dun curro para A Rapa das Bestas en Sabucedo, A Estrada. (Expediente 96/04/1598).

Esta secretaría, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar o concurso público, procedemento aberto, en trámite de urxencia, para a adxudicación da obra que se cita:

1. Obxecto: construcción dun curro para A Rapa das Bestas en Sabucedo, A Estrada. (Expte. 96/04/1598).

2. Orzamento de licitación: 34.654.812 ptas. (Trinta e catro millóns seiscentas cincuenta e catro mil oitocentas doce pesetas), IVE incluído.

3. Garantía definitiva: 4% do importe de licitación.

4. Prazo de execución: 3 meses.

5. Clasificación requirida: grupo C, categoría e.

6. Exposición de proxectos: o proxecto e o prego de cláusulas administrativas particulares estarán ó dispor do público na copistería Tórculo, rúa Rosalía de Castro nº 45, de Santiago de Compostela, durante o prazo de presentación das proposicións.

7. Prazo de presentación de proposicións: comezará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG e rematará o décimo terceiro día hábil.

8. Lugar de presentación das proposicións: no rexistro da Secretaría Xeral para o Turismo, praza de Mazarelos nº 15, Santiago de Compostela, e no rexistro xeral da Xunta de Galicia, desde as 9 ata as 14 horas. Se a presentación fose en sábado, farase no rexistro xeral da Xunta de Galicia. En canto ás proposicións por correo haberá de aterse o disposto na cláusula 6.2 parágrafo segundo do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Documentación que deben presenta-los licitadores: a especificada no prego de cláusulas administrativas.

10. Apertura de proposicións: terá lugar na sala B da Consellería da Presidencia e Administración Pública ás 10.30 horas do día 4 de xullo de 1996.

11. Información adicional: a solvencia económica financeira e técnica acreditarase da forma prevista na cláusula 6.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Anuncio: o importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 1996.

P.D.(Orde 21-5-1995)

Francisco García-Bobadilla Prósper

Secretario xeral para o Turismo

4427