Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 11 de xuño de 1996 Páx. 5.670

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 1996, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se fai pública a lista definitiva de admitidos e excluídos dos procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas e procedemento de adquisición de novas especialidades polos funcionarios do corpo de profesores de ensino secundario.

Transcorridos os prazos previstos na resolución do 29 de abril de 1996 (DOG do 10 de maio), pola que se fixo pública a lista provisional de admitidos e excluídos ós procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas e procedemento de adquisición de novas especialidades polos funcionarios do corpo de profesores de ensino secundario.

Esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Facer pública a lista definitiva de admitidos e excluídos dos procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas e procedemento de adquisición de novas especialidades polos funcionarios do corpo de profesores de ensino secundario nos anexos I, II, III e IV respectivamente.

Segundo.-Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso ordinario no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, conforme o establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 1996.

Jaime García y García

Director xeral de Persoal

4426