O Concello de Burela considerou conveniente adopta-lo seu escudo heráldico e bandeira para perpetuar, con simboloxía adecuada e conforme as normas da heráldica, os feitos máis relevantes do seu pasado histórico. Para iso, e de acordo coas facultades que lle confiren as disposicións vixentes, elevou o correspondente informe e memoria descritiva para a súa aprobacion definitiva.
A competencia exclusiva en materia de adopción, modificación ou rehabilitación dos emblemas heráldicos e bandeiras dos concellos e doutras entidades locais, correspóndelle á Comunidade Autónoma galega, segundo o disposto polo artigo 27.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.
O expediente instruíuse conforme as normas do procedemento establecidas na Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, no regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das corporacións locais, aprobado polo Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, e mais no Decreto 258/1992, do 10 de setembro, da Xunta de Galicia, polo que se regula o procedemento e normas heráldicas para adopción, modificación ou rehabilitación dos escudos e bandeiras das corporacións locais e doutras entidades locais.
Na súa virtude, visto o informe emitido pola comisión de heráldica da Xunta de Galicia, e por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trinta de maio de mil novecentos noventa e seis,
DISPOÑO:
Artigo 1º
Aproba-lo escudo heráldico do Concello de Burela (Lugo), que quedará organizado do seguinte xeito: ondado de azur e prata, cun faro de prata acom
pañado no alto dun torques de ouro brochante. Ó timbre, coroa real pechada.
Artigo 2º
Aproba-la bandeira do concello de Burela (Lugo), que quedará organizada do seguinte xeito: partido de azul escuro ou mareiro o hasta (1/3), co faro de branco e a torques de amarelo, e de azul claro ou celeste ó batente (2/3).
Santiago de Compostela, trinta de maio de mil novecentos noventa e seis.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
Jesús C. Palmou Lorenzo
Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais