Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 11 de xuño de 1996 Páx. 5.652

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

DECRETO 226/1996, do 25 de abril, polo que se regula o réxime retributivo do persoal das unidades e servicios de atención primaria.

O artigo 7 do Decreto 200/1993, do 29 de xullo, de ordenación da atención primaria de Galicia, dispón que o sistema retributivo dos postos de traballo da atención primaria estará en conformidade co establecido no Real decreto-lei 3/1987 e se aprobará mediante acordo do Consello da Xunta de Galicia.

O precepto explicita, pois, a necesaria adecuación do sistema retributivo que se determine para o persoal afectado, á norma básica de carácter retributivo aplicable a todo o sistema nacional de saúde.

Por adecuación ó sistema básico do Decreto-Lei 3/1987, debe entenderse a súa harmonización coa estructura retributiva que este establece e as limitacións que dispón para determinados conceptos retributivos. Pero tal harmonización non impide que se poida caracterizar de xeito idóneo concretos conceptos retributivos, a través da súa precisa pormenorización ou desenvolvemento.

E nesta procura resulta razoable, dentro do marco aludido, establecer un sistema retributivo que mesture características diversas, desde as puramente salariais en conceptos como o soldo, complemento de destino e complemento específico, as por capitación en función do número e características da poboación asistida e o medio onde o profesional exerza o seu labor, con outras, finalmente, vinculadas á calidade do acto sanitario obxectivamente mensurable ou a outros parámetros que estableza o Servicio Galego de Saúde.

Igualmente, como resultado da integración no novo sistema, que contempla a citada norma de ordenación na súa disposición transitoria primeira, apartado dous, como aberta, continua e voluntaria, a mesma disposición transitoria, no seu apartado tres, prevé, para os profesionais fixos que se integren, a asignación dun complemento persoal que compense as diferencias existentes entre as retribucións que acrediten na súa praza e as correspondentes ó novo sistema.

Con respecto ás regras xerais sobre absorción do mencionado complemento persoal que refire o decreto, resulta necesario proceder á configuración de tal complemento co desenvolvemento das súas características, en atención ós seus alicerces. E deles resulta primordial o relativo a que a integración da praza, en tódolos casos, deriva dun acto voluntario do profesional, libremente consentido por el e nunca dun cambio normativo imposto pola Administración.

E deste esencial predicado do acto de integración colíxense as notas definidoras do complemento persoal: a súa inherencia á praza integrada e á nece

saria atención no seu cálculo ás retribucións, en cómputo anual, que correspondan ó profesional integrado e ás relativas ó novo sistema, como imprescindible corolario dun posicionamento de equidade, consistente na comparación de absolutos retributivos, entre un sistema que voluntariamente se abandona e outro ó que se accede pola determinación desa mesma vontade.

No que concirne ós profesionais actualmente adscritos ós equipos de atención primaria, que non teñen a posibilidade de canaliza-lo acto de integración coas características indicadas, ó pertencer xa en puridade ó novo sistema, resulta razoable e equitativo o establecemento tamén para eles do aludido complemento persoal, de experimentar diferencias retributivas por aplicación das especificacións do presente sistema.

Na súa virtude e tralo proceso negociador coas organizacións sindicais presentes na mesa sectorial de persoal sanitario, por proposta da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e logo de informe das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Economía e Facenda, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vintecinco de abril de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

As disposicións contidas no presente decreto serán de aplicación ó persoal estatutario adscrito ás unidades e servicios de atención primaria ás que fai referencia ó artigo 1 do Decreto 200/1993, do 29 de xullo, de ordenación da atención primaria na Comunidade Autónoma de Galicia, así como ó persoal da clase de funcionarios sanitarios locais e profesionais de cota e zona que se integre neles de conformidade co previsto nas disposicións transitorias primeira e segunda do devandito decreto.

Artigo 2º.-Réxime retributivo.

O persoal incluído no ámbito de aplicación da presente norma será remunerado de conformidade co réxime retributivo contido no Real decreto-lei 3/1987, do 11 de setembro, e percibirá os conceptos retributivos correspondentes coas especificacións e condicións que se recollen no presente decreto.

Artigo 3º.-Retribucións básicas.

As retribucións básicas do persoal incluído no ámbito de aplicación da presente disposición son as previstas no apartado dous do artigo 2 do Real decreto-lei 3/1987, e percibiranse nas contías vixentes nesta Comunidade Autónoma segundo o correspondente grupo de clasificación.

Artigo 4º.-Complemento de destino.

O persoal incluído no ámbito de aplicación da presente disposición percibirá o complemento de destino ó que fai referencia o apartado tres a) do artigo 2 do Real decreto-lei 3/1987, de conformidade coa asignación de nivel e contía que corresponda á súa categoría ou posto de traballo consonte a normativa vixente de xeral aplicación ó persoal

estatutario dependente das institucións sanitarias de atención primaria do Servicio Galego de Saúde.

Artigo 5º.-Complemento específico.

1. O persoal incluído no ámbito de aplicación da presente disposición percibirá o complemento específico asignado ó posto de traballo que desempeñe, de conformidade co disposto no apartado tres b) do artigo 2 do Real decreto-lei 3/1987.

2. O antedito concepto retributivo percibirase nas contías actualmente vixentes para os postos de traballo do persoal estatutario de atención primaria do Sergas, e con suxeición á normativa de pertinente aplicación nesta materia no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, sinaladamente o Decreto 11/1995, do 20 de xaneiro.

Artigo 6º.-Complemento de PRD.

O citado complemento retributivo percibirase nas contías actualmente vixentes, polas categorías de persoal non sanitario, técnicos especialistas e a de auxiliares de enfermería, destinado nas unidades ou servicios de atención primaria. Así mesmo será percibido, na actual contía, pola categoría de técnicos de saúde con destino neste nivel de atención.

Excepciónase de aplicación da medida anterior a categoría profesional de asistentes sociais, as retribucións dos cales aparecen afectadas polas especificacións contempladas no presente decreto.

Artigo 7º.-Complemento de productividade.

1. O persoal incluído no ámbito de aplicación da presente disposición poderá percibi-lo complemento de productividade previsto no apartado tres c) do Real decreto-lei 3/1987.

2. A asignación de remuneracións por este concepto retributivo realizarase conforme os factores e criterios que se indican a seguir:

a) Factor fixo: dentro deste apartado, o concepto retributivo percibirao o persoal integrado nas unidades de atención primaria que se indica nos anexos, en función das modalidades que, a continuación, se sinalan:

Modalidade A.-En función do número de titulares á asistencia sanitaria adscritos ó profesional ou á unidade, segundo o caso.

Modalidade B.-En función do número de titulares á asistencia sanitaria adscritos ó profesional ou á unidade, segundo o caso, que teñan a condición de pensionistas.

Modalidade C.-Pola prestación de asistencia pediátrica a cargo do facultativo xeneralista.

Modalidade D.-Polo desempeño de postos de traballo nos que, pola súas características demográficas, se considere que concorra un grao de despoboación que impida ós profesionais a adscrición dun número mínimo predeterminado de titulares do dereito á asistencia sanitaria.

De concorrer tal circunstancia, aseguraráselle ó médico xeral afectado os emolumentos por capitación correspondentes a un número de 1.050 cartillas.

Modalidade E.-En función do grao de dispersión xeográfica da poboación asistida, de acordo cos criterios, porcentaxes e/ou factores de cálculo que se especifican nos anexos respecto das categorías afectadas.

Modalidade F.-Polo desempeño de postos de traballo situados en localidades consideradas como especialmente illadas, tendo en conta a súa distancia respecto das grandes cidades ou núcleos de poboación importantes e dos centros hospitalarios correspondentes, sempre que o traballador acredite residir na devandita localidade.

Considéranse, para estes efectos, como localidades incursas na devandita condición as que se determinen nas disposicións que desenvolvan o presente decreto.

Modalidade G.-Polo desempeño de postos de traballo en condicións de soidade, que se entenderá como aquela circunstancia en que se dea a inexistencia doutro médico xeral ou profesional ATS/DUE que preste servicios no mesmo concello.

Modalidade H.-Por ostenta-las xefaturas de unidade ou servicio ou outros cargos de responsabilidade no ámbito da atención primaria.

Modalidade I.-Polo desempeño de prazas da especialidade de pediatría ou da categoría de odontoloxía.

Nos citados anexos recóllense, respecto ó persoal afectado, os importes e as especificacións pertinentes, que concirnen ás devanditas modalidades.

c) Factor variable:

1. A asignación individual de contías que, por este concepto, poidan corresponder a cada traballador realizarase en función do cumprimento dos obxectivos prefixados polo Servicio Galego de Saúde.

2. O persoal ó que se fai referencia nos anexos do decreto, que desempeña postos de traballo nas unidades de atención primaria, será remunerado por este concepto tendo en conta, tanto os niveis de calidade acadados e a amplitude da oferta de servicios, segundo as necesidades de cada unidade de atención primaria, como calquera outro parámetro que fixe anualmente o Servicio Galego de Saúde.

A fixación dos criterios, pautas ou ambos para a determinación dos obxectivos dos que se derive a percepción do citado complemento, será efectuada polo Servicio Galego de Saúde, logo de negociación coas centrais sindicais e coa garantía, en todo caso, do preciso e pormenorizado coñecemento de tales obxectivos polo persoal afectado.

Para os efectos sinalados neste apartado 2, o Servicio Galego de Saúde adoptará as medidas oportunas para garanti-la asignación de recursos correspondentes a este concepto retributivo, de xeito que poida manterse polo menos a contía acadada no primeiro exercicio de vixencia da presente disposición.

3. As contías percibidas por complemento de productividade durante un período de tempo non orixi

narán ningún dereito individual respecto a períodos sucesivos.

Terceiro.-Anualmente as respectivas xerencias de atención primaria poderanse establecer, logo de acordo cos profesionais, prolongacións de xornada fóra do horario normativamente establecido, nas condicións e contías que, dentro das dispoñibilidades orzamentarias, acorde o Servicio Galego de Saúde.

Artigo 8º.-Complemento de atención continuada.

A cobertura da atención urxente extrahospitalaria prevista no Decreto 172/1995, do 18 de maio, polo que se aproba o Plan de Urxencias Extrahospitalarias da Comunidade Autónoma de Galicia, remunerarase mediante o complemento de atención continuada, de conformidade co establecido no apartado tres d) do Real decreto-lei 3/1987.

Os perceptores, módulos e contías correspondentes a este concepto retributivo serán os establecidos no artigo 10º do citado Decreto 172/1995, do 18 de agosto, e disposicións que o complementen.

Artigo 9º.-Complemento persoal.

1. Os profesionais fixos, con destino definitivo, que pasen a ser retribuídos polo sistema previsto no presente decreto e que, de acordo co réxime retributivo anterior, percibisen, en cómputo global anual, unha retribución superior á que lle correspondería pola aplicación do presente sistema, terán asignado un complemento persoal consistente na diferencia entre as devanditas retribucións.

2. Para efectos do cálculo do complemento persoal consideraranse os seguintes conceptos retributivos do anterior e actual sistema, respectivamente:

a) Computaranse, como remuneracións do anterior sistema dos funcionarios sanitarios locais, as retribucións básicas que lles correspondan pola súa condición de funcionarios, así como os conceptos retributivos derivados da cota de asegurados que teñan adscrita. Excluiranse do cómputo os conceptos retributivos que teñan a súa orixe na permanencia dos profesionais, como trienios e premios de antigüidade, así como as contías que se viñesen percibindo polo desempeño de prazas acumuladas e, finalmente, o complemento por urxencias e pediatría.

b) Computaranse, como remuneracións do anterior sistema dos profesionais estatutarios de cota e zona, os conceptos retributivos que veñan percibindo polo desempeño da praza para a que ostentan nomeamento. Excluirase do cómputo os conceptos retributivos que teñan a súa orixe na permanencia dos profesionais, como trienios e premios de antigüidade, así como as contías que se viñesen percibindo polo desempeño de prazas acumuladas e, finalmente, o complemento por urxencias e pediatría.

c) Computaranse, como remuneracións do anterior sistema dos profesionais xa remunerados anteriormente polo Real decreto-lei 3/1987, os conceptos retributivos que viñan percibindo con exclusión dos premios de antigüidade e trienios e o complemento de atención continuada, modalidade B).

Ademais, quedarán excluídos dos cómputos mencionados nos apartados a), b) e c) anteriores aquelas retribucións que teñan o carácter de excepcionais, transitorias ou revogables.

d) Computaranse, como emolumentos do novo sistema, a totalidade das retribucións básicas e complementarias que lle corresponda percibir ó traballador polo desempeño da praza integrada ás que se fai referencia nos precedentes artigos 3, 4, 5, 6 e 7.

3. O complemento persoal experimentará as revalorizacións anuais na porcentaxe establecida nas leis de presupostos xerais da Comunidade Autónoma.

4. O citado complemento persoal será absorbido cando se produza incremento nas retribucións complementarias do persoal afectado, sempre que o aumento nas devanditas retribucións non derive dos incrementos retributivos anuais que, con carácter xeral, establezan as correspondentes leis de presupostos xerais da Comunidade Autónoma.

5. O dereito ó percibo do complemento persoal extinguirase no suposto de que o traballador pase a desempeñar voluntariamente unha praza distinta daquela na que se integrou.

Manterase a percepción do citado complemento no caso de desempeño de postos de traballo de xefe de unidade de atención primaria, xefe de servicio de atención primaria e de coordinador de enfermería, ou cargos similares de responsabilidade, con funcións asistenciais, no ámbito da atención primaria.

No caso de que se desempeñen postos directivos nas entidades dependentes do Servicio Galego de Saúde ou do resto do sistema nacional de saúde, non se extinguirá o referido complemento. Neste suposto o aboamento do complemento persoal suspenderase entrementres continúe o traballador no desempeño do posto directivo e reemprenderase no momento en que o traballador retorne ó posto de traballo ó que accedeu como consecuencia da integración, sen que poida mediar desempeño de posto de traballo ningún de distinto carácter ós sinalados neste parágrafo.

Artigo 10º

A categoría estatutaria de persoal de «servicios xerais», integrante das categorías de persoal non sanitario que presta servicios nas unidades de atención primaria, percibirá os conceptos retributivos que se especifican nos anexos.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas cantas normas de igual ou inferior rango se opoñan ó establecido no presente decreto.

Disposición transitoria

Primeira.-Os emolumentos que, polo concepto retributivo de productividade fixa, se establecen nesta norma, para as categorías de médico pediatra e odontólogo, teñen a consideración de provisionais, mentres non se poña en funcionamento no ámbito

da Comunidade Autónoma a tarxeta individual sanitaria (TIS). Nese intre, adaptarase á consideración e incidencia da TIS as modalidades afectadas do aludido concepto que correspondan a esas categorías.

A adopción e posta en marcha da TIS poderá afectar igualmente a determinados emolumentos, por este concepto retributivo, doutras categorías de persoal. Neste caso procederase ás adaptacións pertinentes das modalidades que correspondan, a que dea lugar a consideración e incidencia da indicada TIS.

Disposición adicional

As previsións contidas neste decreto levaranse a cabo de acordo coas dotacións que anualmente se consignen nas respectivas leis de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a Consellería de Sanidade e Servicios Sociais para dicta-las disposicións e adopta-las medidas necesarias para o desenvolvemento e execución do presente decreto. O sistema retributivo previsto nel só se fará efectivo coa adopción das medidas de execución e desenvolvemento que dicte a consellería.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vintecinco de abril de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Manuel Romay Beccaría

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO I

Factor fixo.

A) Médicos xerais:

Modalidade A:

En función do número total de cartillas adscritas a cada profesional.

Por cada cartilla adscrita: 41 ptas./mes.

Modalidade B:

En función do número de cartillas de pensionista adscritas a cada profesional.

Por cada cartilla de pensionista adscrita: 41 ptas./mes.

Modalidade C:

Se na unidade ou servicio de atención primaria correspondente non existise asistencia prestada por facultativo-pediatra.

Por cada cartilla adscrita: 15 ptas./mes.

Modalidade D:

Municipios cunha única praza de médico xeral e menos de 1.050 cartillas. Neste caso percibirase a cantidade que iguale, pola diferencia existente, a un número de 1.050 cartillas na modalidade A.

Modalidade E:

En función do grao de dispersión xeográfica:

Dispersión I: 40% do importe correspondente á modalidade «A».

Dispersión II: 50% do importe correspondente á modalidade «A».

Dispersión III: 60% do importe correspondente á modalidade «A».

O grao de dispersión para cada unidade determinarase pola aplicación da fórmula e criterios expostos no anexo IX.

Modalidade F:

En función da consideración do illamento do municipio.

Prazas en municipios illados: 20.000 ptas./mes.

Os criterios de determinación do illamento recóllense no anexo VIII.

Modalidade G:

En función do número de médicos xerais do municipio.

Municipios cun só facultativo: 30.000 ptas./mes.

Modalidade H:

En función de se se ostenta a xefatura da unidade ou do servicio de atención primaria ou se se teñen asignadas funcións de coordinador de área:

Por xefatura de unidade: 10.000 ptas./mes.

Por xefatura de servicio: 30.000 ptas./mes.

Por coordinador de área: 25.000 ptas./mes.

Factor variable.

En función do nivel da calidade acadado e a oferta de servicios.

Por calidade/oferta de servicios: 400.000 ptas./ano.

ANEXO II

B) Pediatras:

Factor fijo.

Modalidade E:

En función do grao de dispersión xeográfica:

Dispersión I: 20.955 ptas./mes.

Dispersión II: 39.130 ptas./mes.

Dispersión III: 49.314 ptas./mes.

O grao da dispersión para cada unidade determinarase pola aplicación da fórmula e criterios expostos no anexo IX.

Modalidade F:

En función da consideración do illamento do municipio.

Prazas en municipios illados: 20.000 ptas./mes.

Os criterios da determinación dos municipios coa consideración do illamento recóllense no anexo VIII.

Modalidade H:

En función de se se ostenta a xefatura de unidade, servicio de atención primaria, ou se se teñen asignadas funcións de coordinador de área:

Por xefatura de unidade: 10.000 ptas./mes.

Por xefatura de servicio: 30.000 ptas./mes.

Por coordinador de área: 25.000 ptas./mes.

Modalidade I:

Polo desempeño de prazas de pediatría:

Por praza de pediatría: 30.000 ptas./mes.

Factor variable.

En función do nivel de calidade acadado e a oferta de servicios:

Por calidade/oferta de servicios: 400.000 ptas./ano.

ANEXO III

D) Odontólogo:

Factor fixo.

Modalidade H:

En función de se se ostenta a xefatura de servicio de atención primaria ou se se teñen asignadas funcións de coordinador de área:

Por xefatura de servicio: 30.000 ptas./mes.

Por coordinador de área: 25.000 ptas./mes.

Modalidade I:

Por ocupación de praza de odontoloxía.

Por praza de odontoloxía: 11.845 ptas./mes.

Factor variable.

En función do nivel de calidade acadado e a oferta de servicios:

Pola calidade/oferta de servicios: 240.000 ptas./ano.

ANEXO IV

C) ATS/DUE:

Factor fixo.

Modalidade A:

En función do número de cartillas adscritas:

De 0 a 500 cartillas adscritas: 10.000 ptas./mes.

De 501 a 1.500 cartillas adscritas: 30.000 ptas./mes.

De 1.501 a 2.500 cartillas adscritas: 40.000 ptas./mes.

Máis de 2.500 cartillas adscritas: 50.000 ptas./mes.

O número de cartillas adscritas a cada profesional de enfermería determinarase polo cociente resultante de dividi-lo numero total de cartillas adscritas á unidade correspondente, entre o número total de profesionais de enfermería dela.

Modalidade B:

En función do número de cartillas de pensionista adscritas:

De 0 a 500 cartillas adscritas: 20.000 ptas./mes.

De 501 a 1.000 cartillas adscritas: 25.000 ptas./mes.

Máis de 1.000 cartillas adscritas: 30.000 ptas./mes.

Este número determinarase polo cociente resultante de dividi-lo número total de cartillas de pensionista adscritas á unidade correspondente, entre o número total de profesionais de enfermería dela.

Modalidade E:

En función do grao de dispersión xeográfica:

Dispersión I: 40% do importe correspondente á modalidade «A».

Dispersión II: 50% do importe correspondente á modalidade «A».

Dispersión III: 60% do importe correspondente á modalidade «A».

O grao de dispersión para cada unidade determínase pola aplicación da fórmula e criterios expostos no anexo IX.

Modalidade F:

En función da consideración do illamento do municipio:

Prazas nos municipios illados: 10.000 ptas./mes.

Os criterios da determinación dos municipios cunha consideración do illamento recóllense no anexo VIII.

Modalidade G:

En función do número de ATS/DUE do municipio:

Municipios cun só ATS/DUE: 15.000 ptas./mes.

Modalidade H:

En función de se se ostenta a coordinación do servicio ou se se teñen asignadas funcións de coordinador de área:

Por coordinación do servicio: 15.000 ptas./mes.

Por coordinador de área: 10.000 ptas./mes.

Factor variable.

En función do nivel de calidade acadado e a oferta de servicios:

Pola calidade/oferta de servicios: 60.000 ptas./ano.

ANEXO V

F) Fisioterapeutas:

Factor fixo.

Modalidade A:

Por poboación atendida:

Menos de 20.000 habitantes: 10.000 ptas./mes.

De 20.000 a 25.000 habitantes: 20.000 ptas./mes.

De 25.000 a 30.000 habitantes: 25.000 ptas./mes.

Máis de 30.000 habitantes: 30.000 ptas./mes.

Modalidade E:

Por el número de municipios atendidos:

Un único municipio: 5.000 ptas./mes.

2 ou 3 municipios: 10.000 ptas./mes.

Máis de 3 municipios: 20.000 ptas./mes.

Modalidade H:

En función de se se ostenta a coordinación do servicio ou se se teñen asignadas funcións de coordinador de área:

Por coordinación do servicio: 15.000 ptas./mes.

Por coordinación de área: 10.000 ptas./mes.

Factor variable.

En función do nivel de calidade acadado e a oferta de servicios:

Por calidade/oferta de servicios: 60.000 ptas./ano.

ANEXO VI

G) Asistentes sociais:

Factor fixo.

Modalidade A:

Por poboación atendida:

Menos de 20.000 habitantes: 10.000 ptas./mes.

De 20.000 a 25.000 habitantes: 20.000 ptas./mes.

De 25.000 a 30.000 habitantes: 25.000 ptas./mes.

Máis de 30.000 habitantes: 30.000 ptas./mes.

Modalidade E:

Polo número de municipios atendidos:

Un único municipio: 9.000 ptas./mes.

2 ou 3 municipios: 14.000 ptas./mes.

Máis de 3 municipios: 24.000 ptas./mes.

Modalidade H:

Se se teñen asignadas funcións de coordinador de área:

Por coordinación de área: 10.000 ptas./mes.

Factor variable.

En función do nivel de calidade acadado e a oferta de servicios:

Por calidade/oferta de servicios: 60.000 ptas./ano.

ANEXO VII

Persoal de servicios xerais:

Retribucións mensuais:

A) Soldo: 78.651 ptas.

B) C. destino (nivel 15): 38.673 ptas.

C) C. productividade (fixo): 7.596 ptas.

D) P.R.D.: 6.631 ptas.

ANEXO VIII

Criterios da determinación de municipio illado:

1) Municipios sitos a máis de 45 minutos de distancia, polos medios habituais de transporte, das cidades da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Vigo e Ferrol.

2) Municipios que non teñan hospital no seu termo e que a distancia desde o dito municipio a calquera hospital sexa superior a 20 minutos polos medios habituais de transporte.

3) Municipios que integren o ámbito de cobertura dun PAC, do cal o municipio de cabeceira teña un número de habitantes inferior a 10.000.

4) Municipios con núcleo de poboación non superior ós 5.000 habitantes.

Para a determinación do illamento dun municipio deberán cumprirse os catro criterios.

ANEXO IX

Fórmula e criterios de determinación do grao de dispersión.

O grao de dispersión das distintas unidades de atención primaria será o determinado para o municipio onde a unidade está situada, unha vez aplicada a seguinte fórmula:

[(km x entidades singulares de poboación) x 100]/Poboación

Se o cociente resultante da fórmula é inferior a 7, corresponderalle o grao de dispersión I.

Se o cociente resultante da fórmula é maior a 7 e inferior a 101, corresponderalle o grao de dispersión II.

Se o cociente resultante da fórmula é superior a 100 corresponderalle o grao de dispersión III.

Tódalas prazas dos municipios da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Vigo e Ferrol terán o grao de dispersión II.

As prazas de pediatría das unidades de apoio (pediatría de área) terán o grao de dispersión III.

4409