Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 10 de xuño de 1996 Páx. 5.643

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 8 de maio de 1996, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha relación de notificacións de propostas de resolución en expedientes sancionadores (C-1433/1995 e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 denovembro de 1992), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, proposta de resolución en expedientes sancionadores, instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG nº

99, do 27 de maio e BOE do 30 de setembro), de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Os ditos interesados dispoñen do prazo de oito días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente cédula, para poder examina-los expedientes na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura da Coruña (Ramón y Cajal, 1-Casa do Mar, 5ª planta-A Coruña), e presentar ante a dita delegación as alegacións que estimen pertinentes conforme o disposto no artigo 16.4º da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

-Nº de expediente: C-1433/1995.

Denunciado: Eliseo Donato Saavedra.

Domicilio: Ramón y Cajal, s/n-A Coruña.

-Nº de expediente: C-1758/1995.

Denunciada: Consuelo Pereira Espasandín.

Domicilio: Castro de Elviña, 18-A Coruña.

-Nº de expediente: C-1914/1995.

Denunciada: Carmen Miranda Franca.

Domicilio: Churriana, 19-Ribeira.

-Nº de expediente: C-0357/1996.

Denunciada: Libertad Pasín Silva.

Domicilio: Fernando III, 20-6º A-Santiago de Compostela.

A Coruña, 8 de maio de 1996.

Jesús Espada Martínez

Delegado territorial da Coruña

9604110