Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 10 de xuño de 1996 Páx. 5.643

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 8 de maio de 1996, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha relación de notificacións de propostas de resolución en expedientes sancionadores (C-1457/1995 e C-1548/1995).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27-11-1992), notifícase ás persoas que a continuación se relacionan, proposta de resolución en expedientes sancionadores instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG nº 99, do 27 de maio e BOE do 30 de setembro), de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Os ditos interesados dispoñen do prazo de oito días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente cédula, para poder examina-los expedientes na Delegación Comarcal da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Ribeira (Praza dos Mariñeiros s/n), e presentar ante a dita delegación as alegacións que estimen pertinentes, conforme o disposto no artigo 16.4º da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de recursos marítimo-pesqueiros.

-Nº de expediente: C-1457/1995.

Denunciado: Olimpio Domingo Gómez Formoso.

Domicilio: Torea, 4-Muros.

-Nº de expediente: C-1548/1995.

Denunciado: Juán F. Argibay Lampón.

Domicilio: Castiñeiras-Ribeira.

A Coruña, 6 de maio de 1996.

Jesús Espada Martínez

Delegado territorial da Coruña

3907