Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 10 de xuño de 1996 Páx. 5.637

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 21 de maio de 1996 pola que se lle outorga a Elena Vázquez Miser concesión administrativa e permiso de actividade para unha cetaria de crustáceos, sita en Tragove, Corvillón, Cambados (Pontevedra).

Visto o expediente iniciado por instacia de Elena Vázquez Mister, con DNI nº 76.853.544, con domicilio en Laxe, nº 1, Corvillón, Cambados (Pontevedra), que con data 13-12-1993 solicitou concesión administrativa e permiso de actividade para a instalación do seguinte establecemento:

-Establecemento auxiliar de acuicultura: cetaria.

-Situación: lugar de Tragove, Corvillón, Cambados, (Pontevedra).

-Especies:

Centola (Maia squinado).

Boi (Cancer pagurus).

Nécora (Macropipus puber).

Lagosta (Palinurus elephas).

Lumbrigante (Homarus gammarus).

-Superficie de dominio público: 429 m para toma de auga de mar e desaugadoiros.

-Superficie de dominio privado:

Nave de 524 m:

1. Depósito: 31,65 m.

2. 4 piscinas de 16,50 x 4: 66,00 m.

3. Aseos homes: 6,00 m.

4. Aseos mulleres: 7,00 m.

5. Armario productos tóxicos: 2,40 m.

6. Zona servicios: 74,36 m.

Total: 187,41 m.

(Segundo plano anexo).

Procedeuse á súa tramitación de acordo coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, artigo 150 do Regulamento para o desenvolvemento e execución da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, e disposicións concordantes.

Tendo en conta que con data 11 de xaneiro de 1995 lle foi outorgada por parte do Ministerio de Obras Públicas, Transportes e Medio Ambiente (Dirección Xeral de Costas) o preceptivo título concesional para a ocupación de catrocentos vintenove (429 ) metros cadrados de terreo de dominio público marítimo-terrestre para subministración de auga do mar e desaugadoiros.

Tendo en conta os informes que constan no expediente, así como o proposto pola Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura, logo do informe do Servicio Técnico-Xurídico, esta consellería,

ACORDA:

Acceder ó solicitado, outorgándolle a Elena Vázquez Miser permiso para a actividade de cetaria de crustáceos, sita en Tragove, Corvillón, Cambados (Pontevedra), baixo as seguintes condicións:

Primeira.-O permiso de actividade outórgase por un prazo de dez (10) anos, contados a partir da publicación da presente orde no DOG. O prazo poderá ser prorrogado discrecionalmente a petición da interesada antes de 60 días do seu vencemento, por prazo de igual duración, ata un total de vinte (20) anos.

Para efectos de coordinación interadministrativa, o prazo de vixencia dos títulos habilitantes así como das prórrogas que no seu día se puidesen outorgar ó permiso de actividade e concesión do dominio público, deberán ser coincidentes.

Segunda.-A situación e mailas obras da instalación do establecemento axustaranse ós planos e ó proxecto presentados. As obras das instalacións

da cetaria deberán rematarse no prazo máximo de dous anos, momento no que deberá solicitarse, do Servicio Provincial de Costas, o levantamento da acta de recoñecementos e revisión do remate das obras.

Así mesmo, deberá obter da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda a oportuna autorización de vertidos, e da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, a correspondente autorización sanitaria de funcionamento.

As ditas actas deberán remitirse á Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Vigo, achegando solicitude de autorización de posta en funcionamento.

Terceira.-O titular contrae a obriga de manter en bo estado o dominio público, as obras e as instalacións. Estas e os terreos a que fai referencia esta concesión e permiso de actividade non poderán alugarse nin ser destinados a usos distintos dos propios deste tipo de establecemento. Baixo ningún concepto se poderá modifica-las instalacións sen permiso expreso desta consellería.

Cuarta.-Sen prexuízo da caducidade da concesión ó amparo do disposto na autorización da concesión do dominio público marítimo-terrestre de data 11-1-1995, norma 10, e que será vinculante para esta consellería, o permiso de actividade ó que se refire este outorgamento extinguirase polo incumprimento dalgunhas das condicións desta orde e nos casos previstos no artigo 72 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia.

Quinta.-O concesionario queda obrigado ó cumprimento do disposto na Lei 6/1993, de pesca de Galicia, citada, así como no Real decreto 1437/1992, do 27 de novembro, polo que se fixan as normas sanitarias aplicables á producción e comercialización dos productos pesqueiros e da acuicultura (BOE nº 11 do 13-1-1993) e demais concordantes que lle sexan de aplicación. Igualmente, queda obrigado ó cumprimento das disposicións en vigor relativas en materia laboral e de protección ás industrias, e cantas disposicións se dicten sobre esta materia.

Sexta.-O outorgamento desta concesión e permiso de actividade non exime o seu titular da obtención das licencias, permisos e autorizacións legalmente procedentes.

Sétima.-O titular xustificará o pagamento á Facenda Pública do imposto que grava as concesións e autorizacións (transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados) ou acreditará a declaración de non estar suxeito o acto ó dito imposto, feita pola delegación de Facenda ou oficina liquidadora correspondente.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 1996.

Juan Caamaño Cebreiro

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

3903