Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 10 de xuño de 1996 Páx. 5.604

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

PRESIDENCIA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 212/1996, do 6 de xuño, polo que se modifica parcialmente a estructura orgánica da Xunta de Galicia.

Advertida omisión na disposición derradeira segunda do devandito decreto, publicado no DOG nº 112, do venres, 7 de xuño de 1996, cómpre publicala novamente na súa integridade:

«A Consellería de Economía e Facenda realizará as modificacións e habilitacións orzamentarias precisas para o cumprimento do previsto neste decreto, sen que en ningún caso poidan orixinar incrementos de gasto».

4319