Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 07 de xuño de 1996 Páx. 5.589

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (375/1991).

Ángel Pantín Reigada, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela.

Fai saber que neste xulgado se segue procedemento especial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria, co número 375/1991, promovido por Banco Hipotecario de España, S.A., contra Hermelina Villamil González, Manuel Quintana Fernández, Concepción Mourín Díaz e Higinio Fernández Fernández, no que por resolución desta data se acordou sacar a venda en pública poxa os inmobles que ó final se describen; o seu remate terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, na forma seguinte:

En primeira poxa o día 11 de xullo próximo e 11 horas da mañá, servindo de tipo o pactado na escritura de hipoteca, ascendente á suma que se sinala a continuación da descrición de cada un dos predios poxados.

En segunda poxa, en caso de non quedar rematados os bens na primeira, o día 11 de setembro próximo e 11 horas da súa mañá, coa rebaixa do 25 por cento do tipo da primeira.

E en terceira poxa se non se rematasen en ningunha das anteriores, o día 10 de outubro próximo e 11 horas da súa mañá, con tódalas demais condicións da segunda, pero sen suxeición a tipo.

Condicións da poxa:

1. Non se admitirán ofertas que non cubran o tipo de poxa, en primeira nin en segunda e poderase face-lo remate en calidade de llelo ceder a terceiros.

2. Os que desexen tomar parte na poxa, a excepción do acredor executante, deberán consignar previamente na Conta de Consignacións do xulgado

no Banco Bilbao Vizcaya, nº 1592 -18-375-91 o vinte por cento do tipo expresado; sen este requisito non serán admitidos a licitación.

3. Os autos e a certificación do rexistro a que se refire a regra cuarta do artigo 131 da Lei hipotecaria, están de manifesto en secretaría, entendéndose que todo licitador acepta como bastante a titulación e que as cargas ou gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do actor continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade deles, sen se destinar á súa extinción o prezo do remate.

Bens obxecto da poxa:

1. Predio número vinteseis: piso sexto D. Local destinado a vivenda sito na sexta planta alta do edificio sen número de policía, na rúa Rosalía de Castro de Burela-Cervo, Lugo, con acceso polo primeiro portal, ou sexa, o da dereita mirando cara á fachada. Consta de recibidor, paso, cociña, dous cuartos de baño, estar comedor e catro dormitorios. Ten unha superficie construída de 98,90 m. Estrema: norte, descanso de escaleiras e piso C desta mesma planta e bloque; por detrás, José Mª Basanta Correa, José Rodríguez García e Manuela Basanta Castro; dereita entrando, rúa J e piso C desta mesma planta e bloque e esquerda, caixa de escaleiras e patio de luces. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Viveiro no tomo 563, libro 81, folio 199, predio 10.817. Prezo de poxa 6.200.000 ptas.

2. Predio número corenta e catro. Piso sexto C. Local destinado a vivenda sito na sexta planta alta dun edificio sen número de policía, na rúa Rosalía de Castro, con acceso polo segundo portal, ou sexa, o da esquerda mirando á fachada. Consta de recibidor, paso, cociña, dous cuartos de baño, estar comedor e catro dormitorios. Ten unha superficie construída de 100,15 m. Estrema: fronte, caixa de escaleiras e descanso e piso B desta mesma planta e bloque; por detrás, piso A desta mesma planta, pertencente ó bloque 1º; esquerda entrando, patio de luces e bloque 1º; esquerda entrando, patio de luces, e dereita, rúa Rosalía de Castro e piso B desta mesma planta e bloque. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Viveiro, no tomo 563, libro 81, folio 236, predio nº 10.835. Prezo de poxa: 6.420.000 pts.

Sirva esta publicación de notificación ós demandados para o caso de que non puidese efectuarse no domicilio pactado.

Dado en Santiago de Compostela o oito de maio de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

4263