Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 07 de xuño de 1996 Páx. 5.589

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (52/1996).

En virtude do ordenado pola maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, Rosa del Carmen Collazo Lugo, nos autos de xuízo de faltas número 52/1996, que se seguen neste xulgado por agresión, cítase a Luis Ayude Pazos, en calidade de denunciado e actualmente en paradoiro descoñecido, para que o vindeiro día 12 de xuño, ás 11.20 horas, compareza na sala de audiencias do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, sala número 3, sita na primeira planta do edificio do xulgado, rúa Viena, número 1 do poolígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, co fin de asistir á vista do correspon

dente xuízo de faltas, podendo facelo acompañado de avogado, e advertíndoo de que deberá acudir cos medios de proba de que intente valerse e que se non o verifica, recaerán sobre el os prexuízos a que haxa lugar en dereito.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 1996.

O secretario

Rubricado

4021