Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 06 de xuño de 1996 Páx. 5.533

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/131-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execuciónda da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008, A Coruña.

Denominación: modificado 1 ó proxecto L.M.T., C.T. e R.B.T. Campiño.

Situación: A Pobra do Caramiñal.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV, en LA-56, de 100 m de lonxitude, que alimentará o C.T. de Orsón de 160 kVA e L.M.T. de 160 m que alimentará o C.T. Campiño II de 160 kVA. Ambas L.M.T. parten da L.M.T. Palmeira-A Pobra (Expte. 6042) e encaixe coa R.B.T. Concello da Pobra do Caramiñal.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 15 de maio de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

4180