Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 06 de xuño de 1996 Páx. 5.532

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/173-2. Libro de rexistro: 4.432 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en Sáenz Díez, 95-Ourense, en solicitude de autorización para instalar L.M.T., C.T., R.B.T en Ferreira Vella e Mercurín-Folgoso do Courel, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., a instalación de liñas de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56 de 54,6 mm Al, cunha lonxitude de 884 m, sobre postes de formigón. Dous centros de transformación de 50 kVA 20.000/380-220 V cada un, sobre postes de formigón. Redes de baixa tensión en conductor R.Z.-95-25, cunha lonxitude

de 215 m, sobre apoios de formigón, para mellora do servicio eléctrico en Ferreira Vella e Mercurín, no concello de Folgoso do Courel.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 29 de abril de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

4177