Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 05 de xuño de 1996 Páx. 5.496

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-214).

O Pleno do Concello, na sesión celebrada o día 29 de marzo de 1996, acordou aprobar inicialmente o cambio de sistema de actuación na unidade de actuación nº 1 do plan parcial denominado As Galeras, sito en Bastiagueiro-Liáns, fixado como o de compensación polo de cooperación.

Acordouse así mesmo proceder á exposición pública do expediente polo prazo de quince días, que computará desde a derradeira públicación (DOG ou prensa). Durante o dito prazo o expedientente quedará á disposicón de todo aquel que queira examinalo, podéndose face-las alegacións pertinentes. O expediente poderase examinar nas oficinas municipais de Urbanismo de 9 a 13 horas tódolos días laborais.

Oleiros, 29 de abril do 1996.

Ángel García Seoane

Alcalde-presidente

3910