Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 05 de xuño de 1996 Páx. 5.496

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

O Pleno do Concello de Ferrol, en sesión celebrada o vinteseis de abril de mil novecentos noventa e seis, aprobou inicialmente o estudio de detalle promovido por Enriquez Díaz Caruncho en representación de Sovadi, S.L., que corresponde ó reaxuste de aliñeacións no soar sito no ensanche, con fronte á r/ Venezuela, r/ Perú e Praza de Cuba.

De conformidade co artigo 117.3º do texto refundido da Lei do solo, sométese a información pública durante o prazo de quince días, a partir do día seguinte á publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 8 de maio de 1996.

O alcalde

Rubricado

3892