Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 05 de xuño de 1996 Páx. 5.480

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A. IN407A 95/193-2. Libro de rexistro: 4.448 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública, e aprobación do proxecto da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.

Denominación: reelectrificación de Acevedo e S. Xurxo.

Situación: Ribeira de Piquín.

Descricións técnicas: liñas de media tensión a 20 kV, de 359 e 23 metros de lonxitude, con conductor LA-56 de 55 mm Al, sobre apoios de formigón e torres metálicas. Dous centros de transformación de 50 kVA 20.000/380-220 V, ó remate das L.M.T. nos lugares de Acevedo e S. Xurxo. Liñas de baixa tensión en conductores R.Z.-95-50-25, sobre apoios de formigón ou grampados en fachadas, para mellora do servicio en Acevedo e S. Xurxo, en Ribeira de Piquín.

Orzamento: 10.685.000 pesetas.

Cumprido-los tramites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolveu:

Autorizar, declarar de utilidade pública, e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 26 de abril de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

3978