Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 05 de xuño de 1996 Páx. 5.453

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición, rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Carchidea, S.L.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Carchidea, S.L., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 26-3-1996, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polos delegados de persoal, en data 29-2-1996. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexilativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1041/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 1 de abril de 1996.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Vigo (Pontevedra)

Convenio colectivo da empresa Carchidea, S.L.

Título I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio regulará as relacións laborais entre a empresa Carchidea S.L., sita na rúa Coutada Nova, 20-A de Vigo e tódolos traballadores que presten servicios nesta.

Artigo 2º.-Vixencia.

A vixencia do presente convenio colectivo será de dous anos, desde o 1 de xaneiro de 1995 ó 31 de decembro de 1996, con independencia da súa publicación no BOP.

Artigo 3º.-Denuncia.

Extinguido o período de vixencia, o convenio entenderase prorrogado de ano en ano, agás que algunha

das partes que o subscriben o denunciasen con antelación mínima dun mes á extinción da súa vixencia ou algunha das súas prórrogas.

Artigo 4º.-Comisión mixta.

Durante a vixencia do presente convenio actuará unha Comisión de Seguimento e Interpretación que, sen prexuízo das atribucións que en cuestión de vixencia teñen os delegados de persoal, terá por funcións:

a) Vixilancia do cumprimento do pactado.

b) Actuar como órgano de interpretación, arbitraxe e conciliación, sen prexuízo da posibilidade de reclamación perante a xurisdicción administrativa e contenciosa prevista na lexislación vixente.

c) Por parte dos traballadores a comisión estará composta por catro persoas, dous representantes dos traballadores: o delegado de persoal máis outro elixido pola asemblea de traballadores; e dúas persoas en representación da empresa.

Artigo 5º.-Vinculación á totalidade.

Para tódolos efectos este convenio colectivo constitúe unha unidade indivisible polo que poderá pretenderse a aplicación dunha ou varias das súas cláusulas rexeitando o resto, senón que haberá de ser aplicado e observado na súa integridade e considerado globalmente.

Artigo 6º.-Período de proba.

Toda admisión de persoal para as actividades comprendidas neste convenio considerarase provisional dentro dun período de proba variable, de acordo coa categoría que o traballador detente e que non poderá ser superior á que se establece na seguinte escala:

Titulados superiores: 60 días.

Oficiais e especialistas: 30 días.

Peóns e aprendices: 15 días.

Durante o período de proba a empresa poderá dar por finalizada a relación laboral, sen alegar máis causa cá de non superación do citado período de proba.

A situación de incapacidade laboral transitoria durante o período de proba non interrompe o período de proba.

Artigo 7º.-Xornada laboral.

A xornada laboral será de 1.800 horas ó ano de traballo efectivo distribuídas como máximo en 40 horas semanais. O tempo de descanso que será de 15 minutos será contado como xornada efectiva.

O tempo que exceda da xornada anual pactada ou da distribución semanal anteriormente establecida e, en todo caso, as que excedan das 8 horas diarias entenderanse como horas extraordinarias, as cales poderán ser retribuídas ou cambiadas por tempo de descanso, sempre de mutuo acordo entre as partes.

Artigo 8º.-Quendas.

Cando existan exceso de pedidos que pola súa urxencia de servicios e por motivos de acumulación en máquinas, a dirección da empresa poderá establecer

que o persoal con independencia do horario habitual, e sen exceder da xornada semanal pactada, traballe a quendas por un período máximo de 3 meses, en tal caso, o horario sería de 7 a 15 e de 15 a 23 horas.

Artigo 9º.-Vacacións.

Establécese un período de vacacións de 30 días naturais, que se levará a efecto da forma seguinte:

15 días entre o 1 de xaneiro de o 31 de maio.

15 días entre o 1 de xuño e o 31 de decembro.

As quendas de vacacións limitaranse a un 20% do persoal.

Artigo 10º.-Licencias e permisos.

a) Tempo limitado:

Matrimonio: 16 días.

Enfermidade grave ou operación cirúrxica de familiar ata o 2º grao por consanguinidade ou afinidade que esixa 2 días de hospitalización: 3 días.

Idem con desprazamento: 4 días.

Falecemento de pais, fillos ou cónxuxes: 5 días.

Nacemento de fillo: 3 días.

Falecemento de familiar ata o 2º grao: 2 días.

Idem con desprazamento: 4 días.

Traslado de domicilio: 2 días.

Voda de fillos ou irmáns: 1 día.

b) Tempo necesario e imprescindible.

Deber inexcusable de carácter público e persoal.

Matricularse ou examinarse en centros oficiais ou recoñecidos.

Asistir ó ambulatorio médico.

Para a aplicación deste artigo terán igual consideración as parellas de feito.

Artigo 11º.-Seguridade e hixiene.

Crearase unha comisión de seguridade e hixiene formada por un membro da dirección da empresa, un membro do comité de empresa ou delegados/as de persoal e un traballador da empresa.

O traballador da empresa para a comisión de seguridade e hixiene será elixido polos traballadores desta mediante votación.

Artigo 12º.-Clasificación profesional.

As clasificacións de persoal que figuran neste convenio son meramente enunciativas e non supoñen a obriga de ter cubertas tódalas prazas enumeradas, se as necesidades e volume da empresa non o precisan.

Sen embargo, desde o mesmo momento en que exista na empresa un traballador, que realice as funcións espcecificadas dunha categoría determinada, terá que

ser remunerado, polo menos, coa retribución que para esa categoría se estableza neste convenio.

-Persoal administrativo.

Oficial/a de 1ª.

Oficial/a de 2ª.

Auxiliar.

Aprendiz/a.

-Persoal de fábrica.

Encargado/a.

Oficial/a 1ª taller.

Oficial/a 2ª taller.

Oficial/a 3ª taller.

Especialista.

Peón.

Aprendiz/a.

-Persoal administrativo.

1. Oficial de 1ª. É a persoa cun sector de tarefas ó seu cargo que con iniciativa e responsabilidade, con ou sen outros traballadores ó seu cargo, executa, baixo a dependencia do xefe, unha ou varias das seguintes funcións: manexo e custodia dos caudais principais da empresa; exposición, cálculo e extensión de facturas complexas; realización de estatísticas nas que interveñan cálculos de importancia e lle esixan, á mesma persoa análises e conclusións, imputacións contables a nivel equivalente á de libros oficiais de comercio, redacción de correspondencia, con plena e propia iniciativa, en asuntos que excedan ós de mero trámite, taquimecanografía. E ademais, o que presta outros servicios, con importancia, iniciativa e responsabilidade, que teñan analoxía cos antes citados.

2. Oficial de 2ª. É a persoa que, cunha iniciativa á subordinación doutras categorías superiores, se as houber, efectúa unha ou varias das seguintes operacións: estatísticas e contabilidade que requiran cálculos medios, manexo e utilización de ficheiros e arquivos complexos; redacción e correspondencia con iniciativa propia en asuntos que excedan ós de trámite, taquimecanografía. E que preste outros servicios de mérito importante, iniciativa e responsabilidade, que teñan analoxía cos antes citados.

3. Auxiliar. É o que, sen iniciativa especial, realiza operacións auxiliares de administración e, en xeral repetitivas, como son a título orientativo: os traballos de mecanografía realizados con pulcritude e correción; a facturación simple que non requira moitos cálculos, busca e clasificación en ficheiros e arquivos, que só precisen simples anotacións preestablecidas e outras similares.

-Persoal de fábrica.

1. Oficial de 1ª. É aquel operario que executa traballos cualificados dunha especialidade, que esixen unha habilidade particular e coñecemento profesional, que non pode ser adquirido máis que por unha intensa

práctica da especialidade, ou por unha aprendizaxe metódica, sancionando, se existise, por un certificado de aptitude profesional.

Realizará as funcións propias da súa especialidade cunha habilidade consumada, espírito de iniciativa e completa responsabilidade, executando calquera tipo de labor que se lle encomende dentro da súa especialidade.

2. Oficial de 2ª. É aquel operario que executa os traballos cualificados dunha especialidade, que esixen unha habilidade particular e coñecemento profesional que non pode ser adquirido máis que por unha intensa práctica da especialidade ou por unha aprendizaxe metódica, pero sen ter chegado a adquirila totalidade dos coñecementos e pericia do oficial de 1ª.

3. Oficial de 3ª. É aquel operario que executa os traballos cualificados dunha especialidade, que esixen unha habilidade particular e coñecemento profesional, que non pode ser adquirido máis que por unha intensa práctica da especialidade, ou por unha aprendizaxe metódica, sancionando se existise, por certificado de aptitude profesional, pero sen ter chegado a adquirila totalidade de coñecemntose pericia do oficial de 2ª.

4. Peón. É o maior de 18 anos a quen se lle confían traballos elementais, para os que non se require ningunha preparación, nin coñecementos teórico-prácticos de ningunha clase, requiríndolle predominantemente unha achega de esforzo físico, a atención debida e a vontade de levar a cabo, o traballo que se lle ordene. Os traballadores só poderán permanecer nesta categoría un máximo de dous anos.

5. Aprendiz. Consideraranse aprendices aqueles traballadores que teñan vixente un contrato de aprendizaxe. Realizarán os labores correspondentes ó oficio que estean aprendendo. Disporán dun 15% da xornada para formación.

Título II

Retribucións salariais

Artigo 13.-Mobilidade.

Se por necesidades de producción se subcontratase algunha tarefa con empresas auxiliares, co fin de axilizar ó máximo os traballos que esta realice para Carchidea, S.L., a dirección poderá designar ós traballadores que considere oportuno para que acudan a aquela a realiza-los traballos propios da súa categoría, nas tarefas subcontratadas por Carchidea, S.L., e sempre baixo o seu ámbito e dirección, e quedarán os traballadores designados obrigados a iso.

Nestes casos faríase sempre baixo a dirección de Carchidea, S.L..

Sempre que o desprazamento sexa fóra de Vigo, habería que pagar quilometraxe e, se procede, manutención.

Artigo 14º.-Plus responsable de zona.

Denomínase responsable de zona a aquel traballador que, independentemento da súa categoría, e logo do nomeamento pola dirección, ademais da súa tarefa,

responsabilízase do control e vixilancia dunha zona determinada da fábrica, o seu persoal e traballo que desenvolva nesta.

Quen fose designado para este cargo, percibirá mentres o desempeñe un plus de responsable de zona, consistente no 5% do soldo base do connvenio vixente en cada momento.

A revogación deste cargo poderaa realizar a dirección en calquera momento, e o traballador perderá a partir do mes seguinte o dereito á percepción do citado plus de responsable de zona.

Artigo 15º.-Plus de asistencia.

Establécese un plus de asistencia consistente en 2.500 ptas. mensuais para tódalas categorías.

Perderase o dereito a percibir este plus, nos seguintes casos:

Cando no mes se produzan tres ou máis ausencias xa sexan ou non xustificadas ou motivadas por situación de ILT, derivada de enfermidade común.

Cando no mes se produzan tres ou máis faltas de puntualidade xa sexan ou non xustificadas.

A perda do dereito á percepción deste plus non impedirá á empresa que ademais proceda ós descontos e sancións oportunas, en cada caso.

Artigo 16º.-Aumento salarial e táboas salariais.

Aplicaranse os importes establecidos na táboa anexa. Os traballadores terán dereito a recibir anticipos a conta, polo importe do traballo xa realizado. Este dereito farase efectivo no momento de formaliza-la solicitude.

Artigo 17º.-Antigüidade.

Establécense cuadrienios ó 5% do soldo base vixente en cada momento co tope máximo legal establecido.

Artigo 18º.-Gratificacións extraordinarias.

Establécense dúas pagas extraordinarias de trinta días de soldo base máis antigüidade, denominadas de verán e Nadal.

As pagas extras de xullo e Nadal aboaranse entre os días quince e vintetrés de xullo e decembro, respectivamente.

Artigo 19º.-Pezas de roupa de traballo.

A empresa proverá a tódolos traballadores de dúas batas de traballo, das coñecidas e típicas para a realización das distintas e diversas actividades que o seu uso vén aconsellando.

Os traballadores, pola súa parte, están obrigados a levar posta unha de tales pezas de roupa, durante a xornada de traballo, e a mantelas limpas, e fóra das horas de traballo, a gardalas no armario correspondente.

Título III

Aspectos legais

Artigo 20º.-Lexislación aplicable.

No que non está expresamente disposto neste convenio, haberá que aterse ó que determine o Estatuto

dos traballadores, Lei orgánica de liberdade sindical e demais disposicións concordantes.

Artigo 21º.-Comisión negociadora.

Este convenio foi negociado entre a dirección da empresa, José Piñón Fernández e os representantes legais dos traballadores:

Carlos Alberto Costas do Pazo, CIG.

Ana María Martínez Alonso, independente.

María Lourdes Rey Garrido, independente.

Artigo 22º.-Conceptos da nómina desagregados.

A nómina desagregarase nos seguintes conceptos:

Salario base.

Plus de asistencia e puntualidade.

Horas extraordinarias.

Plus de responsabilidade de zona (se é o caso).

Retribución voluntaria.

Antigüidade.

Artigo 23º.-Baixas por enfermidade ou accidente de traballo.

Os traballadores en situación de ILT, por accidente de traballo percibirán con cargo á empresa a partir do décimo quinto día de baixa, a diferencia existente entre as prestacións económicas de Seguridade Social ou a entidade e o 100% do salario base do mes anterior ó da baixa.

Terán consideración de accidentes de traballo os accidentes in itinere. Enténdese por tales, os que se producen no traxecto entre o domicilio habitual e o centro de traballo e viceversa, nun espacio de tempo razoable.

Carchidea, S.L. CIF B-36.734.408

Táboa salarial 1995

CategoríaSalario base

-Persoal administrativo
Oficial 1ª administrativo83.019
Oficial 2ª administrativo76.378
Auxiliar administrativo66.952
Aprendiz Admón. ata 17 anos47.093

-Persoal de fábrica
Encargado92.125
Oficial 1ª taller79.271
Oficial 2ª taller74.986
Oficial 3ª taller69.630
Especiliasta66.951
Peón64.274
Aprendiz47.093

Táboa salarial 1996

CategoríaSalario base

-Persoal administrativo
Oficial 1ª administrativo85.925
Oficial 2ª administrativo79.051
Auxiliar administrativo69.295
Aprendiz Admón. ata 17 anos48.741

-Persoal de fábrica
Encargado95.349
Oficial 1ª taller82.045
Oficial 2ª taller77.610
Oficial 3ª taller69.067
Especialista66.294
Peón66.524
Aprendiz48.741

4024