Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 04 de xuño de 1996 Páx. 5.432

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

LA VOZ DE GALICIA, S.A.

CONVOCATORIA do XXXVIII Premio Fernández Latorre de xornalismo e comunicación.

Está dotado con 1.000.000 de pesetas.

La Voz de Galicia, S.A., convoca o XXXVIII Premio Fernández Latorre de xornalismo e comunicación, creado en memoria do seu fundador, que se axustará ás seguintes bases:

1ª. O premio único está dotado con 1.000.000 de pesetas.

2ª. Poderán optar a el aqueles artigos ou traballos xornalísticos publicados, radiados ou emitidos, entre o 1 de agosto de 1995 e o 1 de xullo de 1996 ou aquelas persoas que se distinguen no campo da comunicación.

3ª. O premio será outorgado ó traballo ou ó labor que dunha e outra forma, contribúa á exaltación de Galicia, a estudia-los seus problemas, valores, tradicións e costumes ou la estende-lo seu coñecemento e prestixio dentro e forá da Comunidade Autónoma.

4ª. Non é necesario que o envío o faga o propio autor. Basta con que teña coñecemento de que participa no certame por instancias doutras persoas e dese o seu consentimento. Os traballos, deberán mandarse por quintuplicado a La Voz de Galicia, Concepción Arenal, 11 e 13, 15006 A Coruña, ata o día 4 de xullo de 1996, coa indicación Para o Premio Fernández Latorre. Os que se emitan ou radien deberán acreditarse xuntando ós textos a oportuna certificación do director da emisora ou centro de TV e as cinco cintas correspondentes.

En canto ós aspirantes ó galardón, en razón da súa traxectoria persoal, poderán ser presentados polos membros do xurado, por entidades ou asociacións culturais públicas e privadas ou por colectivos de tres membros, polo menos, mediante un memorándum no que se expoñan os valores do candidato.

5ª. A decisión farase pública en La Voz de Galicia, S.A. o día 25 de xullo, coincidindo coa festividade do Apóstolo Santiago e Día de Galicia.

6ª. Non se manterá correspondencia sobre os traballos e as propostas que se reciban.

7ª. As decisións e o fallo do xurado son inapelables.