Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 04 de xuño de 1996 Páx. 5.432

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 1996 pola que se anuncia poxa con prodemento aberto para a execución das obras comprendidas no proxecto de subministración e instalación de ancoraxes para contedores de recollida de lixo en distintos puntos da cidade.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Obras e Concesións. b) Número de expediente: 096/21.

2. Obxecto do contrato: execución das obras comprendidas no proxecto de subministración e instalación de ancoraxes para contedores de recollida de lixo en distintos puntos da cidade.

Prazo de execución: dous meses.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: poxa.

4. Orzamento base de licitación: 9.990.152 ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 199.803 pesetas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: praza de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: (981) 18 42 19. e) Fax: (981) 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Clasificación empresarial: non se esixe.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará ésta automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación rexistro xeral de entrada.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o contido deles («Oferta económica», e «Documentación administrativa») e o seguinte lema: «Proposición que presenta ... para optar ó concurso para a contratación das obras comprendidas no proxecto de subministración e instalación de ancoraxes para contedores de recollida de lixo en distintos puntos da cidade».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 15 de maio de 1996.

P.D.

O alcalde

Rubricado

4226