Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 04 de xuño de 1996 Páx. 5.427

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da intalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A.: IN407A 96/3-2. Libro de rexistro: 4.468 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-10, Lugo.

Denominación: L.M.T. Subt. e C.T. edificio Celta.

Situación: Burela.

Descricións técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV, en conductores D.H.V. 15/25 de 1x95 mm Al, con entroncamento no C.T. edificio Europa e C.T. edificio Castelao, cunha lonxitude de 30 metros. Centro de transformación de 630 kVA 20.000/380-220 V ±5% V, para subministración de enerxía eléctrica o edificio Celta, en Burela.

Orzamento: 4.600.000 pesetas.

Cumpridos os trámites ordenados nos capitúlos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial,

RESOLVE:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 12 de abril de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

3293