Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 04 de xuño de 1996 Páx. 5.427

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 1996 pola que se anuncia, trámite de urxencia, a licitación do concurso polo procedemento aberto das obras de clave N/PO/89.16.5 e CA/SC/PO/94.1.

a) Obras.

1. Proxecto de construcción do alargamento e mellora da estrada PO-400 de Salvaterra (PO-404) a Filgueira (C-531). Treito: Arbo-Crecente.

Clave: N/PO/89.16.5

Orzamento: setencentos oitenta e seis millóns cento oitenta e seis mil seiscentas oitenta e dúas pesetas (786.186.682).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo A, subgrupo 2, categoría d; grupo B, subgrupo 3, categoría e; grupo G, subgrupo 4, categoría d.

Garantía provisional: 15.723.734

2. Proxecto de construcción acondicionamento marxes río Lérez, accesos a Monteporreiro e dotación de servicios.

Clave: CA/SC/PO/94.1

Orzamento: catrocentos sesenta e nove millóns cento corenta e tres mil cincocentas dez pesetas (469.143.510).

Prazo de execución: 18 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 5, categoría d; grupo E, subgrupo 4, categoría d.

Garantía provisional: 9.382.870

b) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a garantía provisional indicada no apartado a) anterior, agás nos casos establecidos no artigo 36.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no Art. 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do vixésimo sexto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás once horas do décimo día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

g) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 1996.

P.D. (O. 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

3294