Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 03 de xuño de 1996 Páx. 5.348

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 1996, da Dirección Xerencia do Hospital do Meixoeiro de Vigo, pola que se anuncia a contratación polo sistema de concurso, procedemento aberto, para a adquisición de: roupa dun só uso cirúrxica (Exp. 3/96), adquisición de roupa dun só uso non cirúrxica (Exp. 4/96), e adquisición de roupa de hospitalización (Exp. 5/96).

A Dirección Xerencia do Hospital do Meixoeiro de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 15 de setembro de 1994, (DOG do 3-10-1994), convoca o seguinte concurso:

Exp. 3/96:

1. Obxecto: adquisición de roupa dun só uso cirúrxica.

2. Orzamento: 6.600.000 ptas.

Exp. 4/96:

1. Obxecto: adquisición de roupa dun só uso non cirúrxica.

2. Orzamento: 1.700.000 ptas.

Exp. 5/96:

1. Obxecto: adquisición de roupa de hospitalización.

2. Orzamento: 8.426.130 ptas.

Fianza provisional: 2% do orzamento de cada unha das partidas ás que se licite.

I. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto.

II. Prazo de execución: inmediato desde a formalización do contrato, con entregas parciais do material adxudicado, segundo as necesidades do centro fixadas polos servicios competentes ata 31-12-1996.

III. Admisión de variantes: non se admiten.

IV. Solvencia económica e financeira: acreditarase de acordo co establecido no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas e no prego de cláusulas administrativas particulares.

V. Solvencia técnica: acreditarase de acordo co establecido no artigo 18 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas e no prego de cláusulas administrativas particulares.

VI. Criterios de adxudicación:

1. Calidade: ata 6 puntos.

2. Prezo: ata 4 puntos.

VII. Pregos de cláusulas: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitadas na Unidade de Contratación Administrativa do Hospital do Meixoeiro (Teléfono 986/81 11 59).

VIII. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados, no rexistro xeral do Hospital de Meixoeiro, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

IX. Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

X. Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital do Meixoeiro en Vigo, ás 8.30 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura dás proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

XI. Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Vigo, 21 de maio de 1996.

José Manuel González Álvarez

Director xerente do Hospital do Meixoeiro de Vigo

4043