Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 03 de xuño de 1996 Páx. 5.348

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 1996, da Dirección Provincial da Coruña, pola que se anuncia o concurso público 3CCP/96, polo procedemento aberto, para a subministración sucesiva de equipos de administración de fluídos.

A Dirección Provincial da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas, conforme o establecido na Orde do 15-9-1994 da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca o seguinte concurso público:

1. Nome e enderezo do servicio: Servicio Galego de Saúde, Dirección Provincial da Coruña, r/ Durán Loriga, nº 3-9º andar, teléfono (981) 18 56 00, fax: (981) 18 56 78.

2. Modalidade de adxudicación: concurso público.

3. a) Lugar da entrega da subministración: as entregas do material faranse nos lugares de almacenamento que lles indique cada hospital ós adxudicatarios.

b) Natureza e cantidade dos productos que se deben subministrar: equipos de administración de fluídos (ver anexo I, do prego de prescricións técnicas).

Orzamento total: corenta e catro millóns setecentas unha mil cincocentas pesetas (44.701.500 ptas.), IVE engadido.

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes e/ou polo conxunto da subministración requirida: a licitación versará sobre a totalidade dos lotes, ou sobre cada un deles.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: as entregas faranse a demanda de cada centro hospitalario.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que se poden solicita-los documentos pertinentes: ve-lo punto 1.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 27 de xuño de 1996.

6. a) Data límite da recepción das ofertas. 4 de xullo do 1996.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: ve-lo punto 1.

c) Lingua ou linguas con que deban redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar de dita apertura: 10 horas no enderezo que se sinale no punto 1, 15 de xullo de 1996.

8. Fianzas e garantías esixidas: fianza provisional previa, equivalente ó 2% do orzamento de licitación do lote ós que se presente a empresa ofertante. Unha vez adxudicados os lotes, os adxudicatarios deberán

constituír unha fianza definitiva do 4% do orzamento de licitación dos lotes que lles foron adxudicados.

9. Modalidades esenciais de pagamento e/ou referencia ós textos que as regulan: o pagamento realizarase mediante transferencia bancaria á conta designadas polo adxudicatario, unha vez recibida a subministración, debendo terse en conta, en todo caso, o establecido no artigo 100 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

10. Forma xurídica que deberá presenta-la agrupación de provedores.

11. Información e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ve-lo prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a data de apertura de proposicións.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ve-lo prego de cláusulas administrativas particulares, e prego de prescricións técnicas, anexo I.

14. Outras informacións: ve-lo prego de cláusulas administrativas particulares.

15. Data de envío do anuncio á oficina das publicacións oficiais das comunidades europeas: 13 de maio de 1996.

16. Anuncios: o importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais será por conta do adxudicatario.

A Coruña, 26 de abril de 1996.

Antonio V. Martínez Calvo

Director provincial do Servicio Galego de Saúde

4042