Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 03 de xuño de 1996 Páx. 5.345

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 7 de maio de 1996 de notificación do requirimento de pagamento ós debedores que se relacionan (expediente OR-83/010, conta 5 e un máis).

En cumprimento do disposto no artigo 59-4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracions públicas e do procedemento

administrativo común, notifícaselles ós interesados cos datos e domicilio que a continuación se relacionan e de conformidade co establecido no artigo 30 do texto refundido de VPO, Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, e no apartado primeiro do artigo 138 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, o requirimento de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan.

Por aplicación do artigo 142 do Regulamento de VPO antes citado, en relación co artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, concédeselles ós interesados un prazo de 10 días hábiles para que se poñan ó día no pagamento ou comparezan en trámite de audiencia na delegación provincial correspondente para os efectos de presentaren os documentos e xustificación que consideren conveniente para o seu dereito.

Advírteselles que, no caso contrario, se procederá á resolución do seu contrato e á incoación do oportuno expediente de desafiuzamento co conseguinte lanzamento da vivenda, nos casos en que proceda para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario.

Fáiselles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten impagados e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

-Miguel Arias Expósito.

Expediente: OR-83/010. Cta. 5.

r/ Pablo Iglesias nº 1-3º A.

As Lagosas-Ourense.

1.017.679 ptas.

-Agustín Carro Carro.

Expediente: C-1-CD/79 Cta. 23.

r/ Birloque, bloque 1, portal 1, 6º A.

Elviña II fase.

A Coruña.

795.961 ptas.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 1996.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

4004