Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 03 de xuño de 1996 Páx. 5.339

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación das propostas de resolución dos procedementos sancionadores de incendios 151I/95 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución dos procedementos sancionadores por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais (BOE nº 294 do 1-12-1968), e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro (BOE nº 38 do 13-2-1973), por non ser posible a súa notificación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta delega

ción provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, A Coruña.

De non efectuaren o pagamento voluntario, dispón o interesado dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións consideren pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o consideran oportuno.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitirase ó delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para a resolución do procedemento.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189 do 9-8-1993).

A Coruña, 29 de abril de 1996.

Beatriz Rodríguez Fraga

Instructora

ANEXO

Tipificación

regulamento de incendios

ExpedientesDenunciado

DNI

Último enderezo coñecido

Feito denunciadoArtigoCualificaciónSanción

proposta

151I/95Gómez Manteiga, Basilio

46.917.322

R/Agra de Bregua, 11-1 Esqda.

A Coruña

Queima no monte sen autorización e sen adopta-las debidas precaucións.138.AMoi grave50.000
235I/95/1Fernández Morán, Jesús

51.380.118

Finca el Pantín, nº 10

Cabanas

Abandonar restos susceptibles de provocar combustión.136.JLeve5.000
235I/95/21Pereda Rodríguez, Margarita

13.744.897

Finca el Pantín, nº 10

Cabanas

Abandonar restos susceptibles de provocar combustión.136.JLeve5.000

95-3725