Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 03 de xuño de 1996 Páx. 5.338

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución do procedemento sancionador de conservación de espacios naturais e da flora e fauna silvestres 95/0040 e 95/0065.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data resolvín publica-la resolución do procedemento sancionador por infracción da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres (BOE nº 74, do 28-3-1989), por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311.000.166/2 de Caixa Galicia na Coruña, O.P., no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, A Coruña. Transcorrido o citado prazo pro

cederase ó cobro pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, no prazo de un mes, contado, igualmente, a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 29 de abril de 1996.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Tipificación de la infracción

Lei 4/1989 de CEN

Procedemento

sancionador

número

Denunciado

DNI

Último enderezo coñecido

Feitos denunciadosArtigo infrinxidoCualificación

da infracción

Sanción

EN 95/0040Quiroga Díaz, José

34.240.216

Emilio Martínez Garrido nº 77

6ºC-Vigo-Pontevedra

Circular fóra das pistas e itinerarios permitidos dentro do parque natural de Corrubedo.38.13ºLeve15.000 ptas.
EN 95/0065Vargas Martínez, Carlos

76.984.923

Bouzos nº 12-Sabarís

Baiona-Pontevedra

Circular fóra das pistas e itinerarios permitidos dentro do parque natural de Corrubedo.38.13ºLeve15.000 ptas.

3730