Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 03 de xuño de 1996 Páx. 5.337

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da iniciación do expediente sancionador de caza C-142/1995 devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artículo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réximen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle o denunciado cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a seguir, a iniciación dos correspondente expediente sancionador por infracción a Lei de caza do 4 de abril de 1970 e do regulamento para a súa execución do 25 de marzo de 1971 (BOE do 30-3).

Noméase instructor do procedemento a José Ángel Madarro Río e secretaria a Mª Consuelo Núñez Castro, funcionarios desta delegación provincial. A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

El denunciado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partires do seguinte o da publicación desta resolución para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita na Ronda de la Muralla, 197, e presentar as alegacións e documentos que considere convenientes na súa defensa, así como para a recusación das persoas designadas como instructor e secretaria en calquera momento da tramitación do procedemento.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita na Ronda da Muralla, 197, Lugo.

Lugo, 25 de abril de 1996.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

-Expediente: C-142/1995.

Denunciado: José Luis Juiz Gómez.

DNI: 34.248.300.

Último enderezo coñecido: r/ Oribio, 9-1º, Lugo.

Feitos imputados: parctica-la caza en terreo sometido a réxime cinexético especial carecendo do correspondente permiso. Feitos constatados o día 6-12-1995 no monte Remesar-Bóveda, Couto LU-10.014.

Preceptos infrinxidos: 48.1º 8, do regulamento da Lei de caza.

Cualificación infracción: grave.

Sanción: 4.000 ptas. de multa e 500 ptas. polo comiso da arma.

95-3728