Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 03 de xuño de 1996 Páx. 5.337

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ANUNCIO do 23 de abril de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, relativo á práctica de notificación, no expediente de solicitude de declaración de urxente ocupación para imposición de servidume de paso da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 27334).

En cumprimento do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio do presente anuncio practícase a notificación do 21-11-1995, de titular con domicilio ignorado, segundo devolución do servicio de correos.

Tramitado o proceso expropiatorio por declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica a 15/20 kV e centro de transformación en Reboredo, no concello de Bergondo, de acordo co establecido na Lei de

expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e no seu Regulamento do 26 de abril de 1957, notifícase que a entidade beneficiaria Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., consignou na Caixa Xeral de Depósitos (Tesourería da Delegación Territorial de Economía e Facenda) a cantidade de 112.538 ptas., a favor de Mikel Calvo, proposto como titular do predio nº 14 deste expediente ó resultar con domicilio ignorado, importe da indemnización do prezo xusto e xuros.

Nº predio: 14.

Lugar: A Milleira.

Titular: Mikel Calvo.

Afección: en voo, 64 ml; 396 m.

Lindeiros:

-Norte: María Suárez López.

-Sur: José Babío.

-Leste: máis do mesmo predio.

-Oeste: máis do mesmo predio.

A declaración de utilidade pública para estas instalacións foi outorgada por Resolución do 28-2-1992.

Cumprido o prazo deste anuncio, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, dirixiranse ó Ministerio Fiscal as notificacións e dilixencias no expediente o seu titular.

A Coruña, 23 de abril de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

3724