Visto o expediente instruído por instancia de María Sagrario Bello Alvariño, na súa calidade de representante legal da entidade Cantón Viajes, S.L., en solicitude de concesión do oportuno título-licencia da axencia de viaxes do grupo retallista a Cantón Viajes, S.L.
Resultando que coa referida solicitude se acompañou a documentación que se indica no artigo 4 e concordantes do Regulamento das axencias de viaxes aprobado polo Decreto 155/1989, do 22 de xuño, que regula o exercicio da actividade profesional que compete ás axencias de viaxes, e no que se especifican os documentos que terán que presentarse coa solicitude de outorgamento do título-licencia.
Resultando que, tramitado o oportuno expediente, aparecen cumpridas as formalidades e xustificados os extremos que se sinalan nos artigos 4, 5 e 6 do regulamento.
Considerando que na empresa solicitante concorren tódalas condicións esixidas polo Decreto 155/1989, do 22 de xuño, para a obtención do título-licencia de axencia de viaxes do grupo retallista.
Vistos o Real decreto 2086/1983, do 1 de setembro, de traspaso de funcións e servicios do Estado
á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de turismo, a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, e a orde do 21 de setembro de 1995 da Consellería da Presidencia e Administración Pública, pola que se delega no secretario xeral para o Turismo a competencia para a concesión do título-licencia de axencia de viaxes, esta secretaría xeral,
RESOLVE:
Concédese título-licenica de axencia de viaxes do grupo retallista, co nº XG-166, a Cantón Viajes, S.L., con casa central en Ferrol, na rúa Carmen, 4, da que é representante legal María Sagrario Bello Alvariño, que poderá exerce-la súa actividade mercantil a partir da data de publicación desta resolución no DOG, con suxeición ó preceptuado do Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia. A dita axencia quedará inscrita no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidad Autónoma galega.
Contra esta resolución, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 20 de maio de 1996.
P.D. (Orde 21-9-1995)
Francisco García-Bobadilla Prósper
Secretario xeral para o Turismo
4092