Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 03 de xuño de 1996 Páx. 5.325

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (46/1996).

Ángel Pantín Reigada, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela fai saber que neste xulgado se segue procedemtno especial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria, co número 46/1996, promovido por Caixa de Aforros Municipal de Vigo contra Manuel García Casas e herdeiros de Concepción Parga Moure, nos que, por resolución desta data, acordouse sacar á venda en pública poxa os inmobles que ó final se describen; o remate desta terá lugar na Sala de Audiencia deste xulgado, na forma seguinte:

En primeira poxa o día 16 de xullo próximo e ás 11 horas da súa mañá, servindo de tipo o pactado na escritura de hipoteca, ascendente á suma que se sinala a continuación da descrición de cada unha delas.

En segunda poxa, no caso de non quedaren rematados os bens na primeira, o día 18 de setembro próximo e ás 11 horas da súa mañá, coa rebaixa do 25% do tipo da primeira.

Na terceira poxa se non se rematasen en ningunha das anteriores, o día 17 de outubro próximo e ás 11 horas da súa mañá, con tódalas demais condicións da segunda, pero sen suxeición a tipo.

Condicións da poxa:

1. Non admitirán ofertas que non cubran o tipo de poxa, en primeira nin en segunda, e poderán face-lo remate en calidade de ceder a terceiros.

2. Os que desexen tomar parte na poxa, coa excepción do acredor executante, deberán consignar previamente na conta de consignacións deste xulgado no Banco Bilbao Vizcaya nº conta 1592-18-46-96 o 20% do tipo expresado, e sen este requisito non serán admitidos a licitación.

3. Os autos e a certificación do rexistro a que se refire a regra cuarta do artigo 131 da Lei hipotecaria están ó dispor do público na secretaría, e entenderase que todo licitador acepta como bastante a titulación, e que as cargas ou gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do demandante continuarán subsistentes, e entenderase que o rematante os acepta e queda subrrogado na responsabilidade destes, sen destinarse á súa extinción o prezo de remate.

Bens obxecto de poxa:

1. Número seis. Piso segundo esquerda na segunda planta alta da casa nº 4 da Avda. de Coímbra desta cidade de Santiago de Compostela, destinada a vivenda. Ocupa a extensión superficial útil duns sesenta e un metros cadrados e estrema: polo norte, en parte co predio de Manuel García Casas, Concepción Parga Moure e outros, patio de luces e horta da casa nº 12 de Luis Franco díaz; polo sur, coa Avda. de Coímbra; polo leste, con patio de luces e casa de Manuel García Casas, Concepción Parga Moure e outros e polo oeste con patio de luces,

caixa e descanso de escaleiras e o piso 2º dereita. Inscrita ó tomo 1063, libro 105, folio 103, predio 9.460, inscrición 2ª. Prezo de poxa 9.917.000.

2. Número oito. Piso terceiro esquerda, na terceira planta alta, na mesma casa cá anterior. Ocupa a extensión superficial útil duns sesenta e un metros cadrados e estrema, polo norte, en parte co predio de Manuel García Casas, Concepción Parga Moure e outros, patio de luces e horta da casa nº 12 de Luis Franco Díaz; polo sur, coa Avda. de Coímbra; polo este, con patio de luces, caixa e descanso de escaleira e piso terceiro dereita. Inscrita ó tomo 1063, libro 105, folio 107, predio nº 9.462, inscrición 2ª.

Dado en Santiago de Compostela, o 10 de maio de 1996.

O secretario

Rubricado

4010