Convocado concurso por resolución da Universidade da Coruña, do 27 de marzo de 1995 (BOE do 22 de abril) para a provisión da praza 95/005 de titular de universidade da área de coñecemento de construccións navais do departamento de Construccións Navais desta universidade, e tendo en conta que a comisión non propón ningún candidato. Visto o artigo 11.2º d) do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.
Este rectorado, resolve declarar concluído o procedemento e deserta a praza referida.
A Coruña, 14 de maio de 1996.
José Luis Meilán Gil
Rector da Universidade da Coruña
3820