Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 03 de xuño de 1996 Páx. 5.320

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ACORDO do 24 de maio de 1996, da Comisión Permanente de Selección de Persoal, para a cobertura de postos de traballo reservados a persoal laboral, constituída ó amparo do Decreto 252/1992, do 30 de xullo, polo que se fan públicas as listas para a cobertura con carácter temporal dos citados postos correspondentes ó persoal laboral da categoría 31 do grupo II (restaurador/a).

Rematado o prazo fixado pola resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 4 de marzo de 1996 (DOG nº 54, do 15 de marzo de 1996), de presentación de solicitudes para a elaboración das listas, para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral nas correspondentes relacións de postos de traballo, reguladas polo Decreto 252/1992, do 30 de xullo, e a resolución anteriormente citada, e á vista das instancias presentadas para a categoría 31 do grupo II, a Comisión Permanente de Selección, de conformidade co disposto no artigo 12 do citado decreto,

ACORDA:

Primeiro.-Facer públicas as relacións dos solicitantes para a cobertura, con carácter temporal, de postos de traballo reservados a persoal laboral correspondentes á categoría 31 do grupo II, da forma que a seguir se indica:

Anexo I: figuran os solicitantes incluídos na lista.

Anexo II: figuran os solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión.

Segundo.-Os citados anexos atópanse expostos nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Servicio de Información e Atención ó Cidadán da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Oficinas comarcais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Terceiro.-Os interesados disporán dun prazo de dez días para a reparación de erros e, se é o caso, formula-las oportunas alegacións, que se dirixirán

á correspondente Comisión Permanente de Selección de Persoal (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería da Presidencia e Administración Pública, edificios administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Unha vez transcorrido o prazo citado con anterioridade, e se é o caso, levaranse a efecto as modificacións procedentes, dándose disto a oportuna publicidade.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 1996.

Juan José Alvarez Pérez

Presidente da Comisión Permanente de Selección de Persoal

3890