Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 31 de maio de 1996 Páx. 5.280

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CAIXA VIGO

CONVOCATORIA de asemblea xeral extraordinaria.

O Consello de Administración da Caixa de Aforros Municipal de Vigo-Caixavigo, na súa sesión do 29 de maio de 1996, a teor do previsto nos estatutos da entidade e da normativa vixente, acordou convocar asemblea xeral extraordinaria. A reunión celebrarase o martes día 18 de xuño de 1966, na sala de conferencias do centro cultural Caixavigo, sito na rúa Policarpo Sanz, 13, desta cidade, ás 18 horas en primeira convocatoria e ás 18.30 horas do mesmo día, en segunda convocatoria, de acordo coa seguinte orde do día.

1. Confección da lista de asistentes para a determinación do quórum e constitución válida da asemblea.

2. Información económico-financeira ó 31 de maio de 1966.

3. Lei de caixas de aforros galegas.

4. Modificación dos estatutos da entidade e do Regulamento de designación dos órganos de goberno.

5. Lectura e aprobación, se procede, da acta pola asemblea.

Prégase ós conselleiros xerais acudan coa necesaria anticipación, provistos do documento nacional de identidade, co fin de realiza-lo cómputo de asistentes, de xeito que non se demore o comezo da asemblea.

Vigo, 30 de maio de 1996.

Ramón Cornejo Molins

Presidente do Consello de Administración