Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 31 de maio de 1996 Páx. 5.279

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública do estudio de detalle U.E. na rúa Tomás A. Alonso, 91 ó 111.

O Pleno deste Concello, na súa sesión do 12 de marzo de 1996, aprobou inicialmente o estudio de detalle U.E. na rúa Tomás A. Alonso, 91 ó 111 (3500/411), presentado pola comunidade de bens

Gándara, C.B., redactado polos arquitectos Arturo e Eduardo Fraga Fernández, con visado do COAG do 16 de febreiro de 1996.

Igualmente acordouse a aprobación inicial da delimitación da unidade de execución nas parcelas incluídas no ámbito, fixando o sistema de compensación.

Suspéndense, ata a aprobación definitiva, as licencias de parcelación, edificacióin e demolición na área abranguida por este instrumento de planeamento secundario, cos seguintes límites:

Norte: rúa Tomás A. Alonso entre números 91 e 111 (inclusive).

Sur e oeste: parcela de Tomás A. Alonso, 113.

Leste: parcela de Tomás A. Alonso, 89.

O que se somete a información pública polo prazo de quince días, coa publicación do anuncio no DOG, BOP, nun xornal dos de maior difusión e no taboleiro de edictos da Casa do Concello, ademais da notificación persoal ós interesados directamente afectados.

A documentación do expediente está á disposición dos interesados na oficina municipal de información urbanística e pódense presentar alegacións desde a primeira publicación deste anuncio ata a fin do prazo de exposición, logo do derradeiro anuncio.

Vigo, 28 de marzo de 1996.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

O DIARIO OFICIAL DE GALICIA

VÉNDESE:

NA CORUÑA:EN PONTEVEDRA:

Na librería Arenas, Cantón Grande, 21En Luís Paredes Rey, rúa Benito Corbal, 1.

Na librería Inoa, Federico Tapia, 55.Na librería Gonzalo Rey, rúa Benito Corbal, 29.

EN FERROL:

Na librería Central Librera, rúa Dolores, 2 e 4.EN SANTIAGO DE COMPOSTELA:

Na librería Egea, rúa Sol, 74.Nos edificios administrativos de San Caetano,

edificio central, planta baixa, rexistro xeral.

EN LUGO:Na librería Toral, Cantón do Toural, 7.

Na librería Souto, praza de España, 14.Na papelería Xaquín, Rúa Nova de Abaixo, 10.

EN OURENSE:

En Aníbal e Hijos, S.L., Avda. da Habana, 65.EN VIGO:

No quiosco «La Viuda», rúa Lamas Carvajal, 46.En Librería Colón, rúa Colón, 22.

9604111