Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 31 de maio de 1996 Páx. 5.260

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (203/1995).

María Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que nos autos de xuízo de cognición número 203/1995, se dictou a sentencia que contén o encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

«En Santiago de Compostela o catro de marzo de mil novecentos noventa e seis. Vistos por Gustavo Adolfo Martín Castañeda, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis desta cidade, os presentes autos de xuízo civil de cognición número 203/1995, sobre reclamación de cantidade, seguidos neste xulgado a pedimento do procurador García-Piccoli Atanes, en nome e representación de Banco Central Hispanoamericano, S.A., con domicilio en Madrid, rúa de Alcalá, nº 49, asistido da letrada Sonia Rodríguez Arroyo, contra Lydia Brey Couto, declarada procesualmente en rebeldía.

Decido que estimado a demanda promovida polo procurador García Piccoli Atanes, en nome e representación de Banco Central Hispanoamericano, S.A., contra Lydia Brey Couto, declarada procesualmente en rebeldía, e debo condenar e condeno a referida demandada a que lle aboe á entidade demandante a cantidade de duascentas cincuenta e oito mil cento quince pesetas, importe do principal, así como os xuros legais incrementados en dous puntos, desde a data da sentencia ata o completo pagamento e con expresa imposición das custas procesuais á dita demandada.

Notifíqueselle-la presente resolución ás partes, e fágaselles saber que contra ela poden interpor perante este xulgado recurso de apelación, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, para ser resolto pola Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación á causa, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para inserir no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación á demandada rebelde, expídese o presente edicto en Santiago de Compostela o quince de abril de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

4052