Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 31 de maio de 1996 Páx. 5.224

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 15 de maio de 1996 pola que se resolve o concurso público convocado na Orde do 24 de novembro de 1995 pola que se regula a concesión de subvencións a empresas editoriais, para a edición de libros e materiais didácticos, para niveis non universitarios, impresos en lingua galega.

A Orde do 24 de novembro de 1995 (DOG do 20-12-1995) regula a concesión de subvencións a empresas editoriais, legalmente constituídas, para a edición de libros e materiais didácticos, para niveis non universitarios impresos en lingua galega.

Visto o informe-proposta formulado pola comisión constituída ó abeiro do artigo 10 da devandita orde, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo 1º

A concesión de axudas na contía que se indica no anexo desta orde a aqueles proxectos de empresas editoriais que se axustan ós criterios establecidos na Orde do 24 de novembro de 1995 así como a

desestimación daqueles outros proxectos que aparecen con cero pesetas ó non se corresponderen cos criterios e prioridades da devandita orde.

Artigo 2º

As empresas ás que lles sexan subvencionados proxectos deberán presentar ante a Dirección Xeral de Política Lingüística a aceptación da subvención concedida no prazo máximo de dez días contados a partir da publicación desta disposición no DOG segundo o establecido no artigo 12 na Orde do 24-12-1995.

Artigo 3º

A presente disposición pon fin á vía administrativa, segundo o disposto no artigo 109 e) da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administraciones públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 1996.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

96-3995