Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 30 de maio de 1996 Páx. 5.192

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 1996 pola que se resolve a convocatoria do concurso específico entre funcionarios para a provisión de postos de traballo vacantes na corporación, publicada no Diario Oficial de Galicia nuúmero 731, do 29-1-1996).

De conformidade co establecido no Regulamento de provisión de postos de traballo aprobado por acordo plenario desta corporación do 24 de abril de 1992 e a proposta das respectivas comisións de valoración designadas para o efecto, segundo as actas das súa reunións de data 7 e 9 de maio de 1996; designarase a funcionaria que figura a continuación para cubri-lo posto que así mesmo se indica, segundo a convocatoria do concurso específico de provisión de postos de traballo publicada no Diario Oficial de Galicia nº 731 do 29 de xaneiro de 1996.

Posto de traballo: Xefatura de Sección de Recursos Propios.

Adscrición: Servicio de Xestión Tributaria.

Apelidos e nome: Alonso, Ricoy, Covadonga.

O cesamento no actual destino efectuarase no prazo de tres días, contados a partir da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión deberase realizar no prazo de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que preste os seus servicios o funcionario, ou no prazo dun mes se se trata de distinta localidade.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo nos termos e prazos sinalados na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, logo da comunicación a esta presidencia conforme o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administraciones públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 10 de maio de 1996.

Augusto César Lendoiro

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

Hipólito Blanco Malvárez

Secretario Actal.

AVISO PARA OS ANUNCIANTES

PREZOS PARA A PUBLICACIÓN DE ANUNCIOS

NO DOG A PARTIR DO 1 DE XANEIRO DE 1996

(Decreto 289/1995, do 3 de novembro,

DOG do 9 do mesmo mes)

-Tramitación ordinaria: 445 pesetas/liña de 54 espacios.

-Tramitación urxente: 890 pesetas/liña de 54 espacios.