Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 30 de maio de 1996 Páx. 5.190

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE QUIROGA

EDICTO.

Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación na sesión celebrada o 28 de marzo de 1996 da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento en cumprimento do disposto no artigo 114 do Real decreto lei 1/1992, do 26 de xuño e artigo 12 do Regulamento de planeamento, sométese a información pública polo prazo dun mes a partir da inserción do edicto no Diario Oficial de Galicia durante o que poderán ser enumeradas na secretaría do concello e formula-las alegacións que estimen pertinentes.

As áreas do territorio obxecto de modificación do planeamento nas que as súas determinacións dispoñen modificación do réxime urbanística vixente, quedan afectadas pola suspensión de licencia a que se refire o artigo do Real decreto lei 1/1992, do 30 de xuño e artigo 120 do Regulamento de planeamento polo prazo de 6 meses.

Quiroga, 14 de maio de 1996.

O alcalde

Rubricado

1990