Pola resolución do 8 de marzo de 1996 aprobouse un gasto de 24.389.000 ptas., o prego de cláusulas administrativas particulares e a apertura do procedemento de adxudicación do contrato de subministración de diverso material mobiliario con destino á Facultade de Humanidades de Ferrol, dependente desta consellería. Expediente: 796.
Anunciouse a contratación da referida subministración no Diario Oficial de Galicia e taboleiro de anuncios.
Cumpridos os trámites que en materia de contratación prevé a vixente Lei de contratos das administracións públicas, así como os requisitos establecidos no prego de bases da contratación e demais lexislación vixente, reunida a mesa de contratación en data de 25 de abril de 1996, e vistas as ofertas económicas así como o cumprimento das empresas e a valoración da comisión cualificadora. Esta consellería,
RESOLVEU:
Primeiro.-Adxudica-la mencionada contratación da siguiente forma:
Nº LOTE MATERIALIMPORTE
**Empresa Industrias Carbo
3 material aulas13.360.000
Segundo.-O prazo de execución será de 1 mes a contar dende a notificación da adxudicación.
Terceiro.-A empresa adxudicataria deberá cumpli-las obrigas previas á formalización do correspondente contrato, esixidas pola cláusula 3 do prego de cláusulas administrativas particulares.
Cuarto.-Faise pública a presente resolución para os efectos previstos no artigo 79 da Lei de contratos das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 6 de maio de 1996.
P.D. (Orde 8-9-1994)
Juan José Bértolo Cádenas
Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
3637