Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 30 de maio de 1996 Páx. 5.181

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 1996 pola que se fai pública a adxudicación do contrato de subministración de diverso material con destino á E.T.S. Industriais e á Facultade de Ciencias do Mar de Vigo, dependentes desta consellería. (Expediente 696).

Pola resolución do 28 de febreiro de 1996 aprobouse un gasto de 16.500.000 ptas., o prego de cláusulas administrativas particulares e a apertura do procedemento de adxudicación do contrato de subministración de diverso material con destino á E.T.S. Industriais e á Facultade de Ciencias do Mar de Vigo, dependentes desta consellería. Expediente: 696.

Anunciouse a contratación da referida subministración no Diario Oficial de Galicia e taboleiro de anuncios.

Cumpridos os trámites que en materia de contratación prevé a vixente Lei de contratos das administracións públicas, así como os requisitos establecidos no prego de bases da contratación e demais lexislación vixente, reunida a mesa de contratación en data de 25 de abril de 1996, e vistas as ofertas económicas así como o cumprimento das empresas e a valoración da comisión cualificadora. Esta consellería,

RESOLVEU:

Primeiro.-Adxudica-la mencionada contratación da siguiente forma:

Nº LOTE MATERIALIMPORTE

**Empresa Soft Lar Compostela

2 material mesas laboratorio5.796.400

**Empresa Fujitsu

1 material e. informático10.000.000

Segundo.-O prazo de execución será de 1 mes contado a partir da notificación da adxudicación.

Terceiro.-A empresa adxudicataria deberá cumpri-las obrigas previas á formalización do correspondente contrato, esixidas pola cláusula 3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Cuarto.-Faise pública a presente resolución para os efectos previstos no artigo 79 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 1996.

P.D. (Orde 8-9-1994)

Juan José Bértolo Cádenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

3636