Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 30 de maio de 1996 Páx. 5.179

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 1996 pola que se convoca a contratación da subministración de mobiliario para o Consello Consultivo de Galicia, mediante o sistema de concurso, por procedemento aberto.

Obxecto: contratación da subministración e instalación de mobiliario para o Consello Consultivo de Galicia.

Orzamento: 17.000.000 de pesetas, (IVE incluído).

Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá solicitarse na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, sita no edificio central do complexo administrativo de San Caetano, 2ª planta en Santiago de Compostela.

Fianza provisional: 340.000 pesetas.

Fianza definitiva: 680.000 pesetas.

Modelo de proposición: os que figuran como anexos II e III da documentación.

Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Xunta de Galicia, situado na planta baixa do edificio central do complexo administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión rematará ás catorce horas do día 24 de xuño de 1996.

Apertura de proposicións: en acto público, na sala B de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública (semisoto do edidificio central de San Caetano), ás 10 horas do día 27 de xuño de 1996.

O importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario, que o deberá de aboar con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 1996.

P.D.(Orde do 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública

4001