Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 30 de maio de 1996 Páx. 5.178

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 1996 sobre concesión do título licencia de axencia de viaxes do grupo retallista a Hemisferios Viajes con número XG-165 e casa central na praza de Santo Domingo, Galerías Villamor, 3-A de Lugo.

Visto o expediente instruído por instancia de Luis Alfonso Torres García, na súa calidade de representante legal da entidade Hemisferios, S.L., en soli

citude de concesión do oportuno título licencia da axencia de viaxes do grupo retallista.

Resultando que, coa referida solicitude xuntouse a documentación que se indica no artigo 4 e concordantes do Regulamento das axencias de viaxes aprobado polo Decreto 155/1989, do 22 de xuño, que regula o exercicio da actividade profesional que compete as axencias de viaxes, e no que se especifican os documentos que terán que presentarse coa solicitude de outorgamento do título licencia.

Resultando que, tramitado o oportuno expediente, aparecen cumpridas as formalidades e xustificados os extremos que se sinalan nos artigos 4, 5 e 6 do regulamento.

Considerando que na empresa solicitante concorren tódalas condicións esixidas polo Decreto 155/1989, do 22 de xuño, para a obtención do título licencia de axencia de viaxes do grupo retallista.

Vistos o Real decreto 2086/1983, do 1 de setembro, de traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de turismo, a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o regulamento das axencias de viaxes de Galicia, e a Orde do 21 de setembro de 1995 da Consellería da Presidencia e Administración Pública, pola que se delega no secretario xeral para o Turismo a competencia para a concesión do título licencia de axencia de viaxes, esta secretaría xeral,

RESOLVE:

Concédese título licencia de axencia de viaxes do grupo retallista, co nº XG-165, a Hemisferios Viajes, con casa da que é representante legal Luis Alfonso Torres García, que poderá exerce-la súa actividade mercantil a partir da data de publicación desta resolución no DOG, con suxeición ó preceptuado do Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia. A dita axencia quedará inscrita no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Contra esta resolución, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 1996.

P.D. (Orde 21-9-1995)

Francisco García-Bobadilla Prósper

Secretario xeral para o Turismo

96-4025