Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 30 de maio de 1996 Páx. 5.177

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (9/1994).

María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dou fe de que no xuízo de xustiza gratuíta tramitado neste xulgado co número 9/1994, sobre separación conxugal, se dictou a sentencia que no encabezamento e parte dispositiva ten o teor literal seguinte:

«En Santiago de Compostela, 12 de abril de 1996, Angel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade, dictou a presente resolución no procedemento civil incidental de xustiza gratuíta, substanciada polos trámites do xuízo verbal, seguido neste xulgado co número 9/1994 e como peza separada do procedemento de separación do mesmo número, no que actuaron como parte demandante Iria Brígida Rivas Varela, menor de idade, emancipada por casamento e veciña de Santiago de Compostela, representada polo procurador dos tribunais Luis Esmorís Caramés, e asistida polo letrado Jesús Alonso Álvarez, designados ambos de oficio; como demandado Juan Manuel Campos Suárez, maior de idade e veciño do Val do Dubra, non comparecido e o letrado da Xunta de Galicia.

Decido que, estimando a demanda presentada, debo declarar e declaro o dereito á xustiza gratuída de Iria Brígida Rivas Varela, co obxecto de litigar

en xuízo de separación contra Juan Manuel Campos Suárez, sen prexuízo do disposto nos artigos 28, 45 e 48 da LAC, declarando de oficio as custas causadas. Contra esta resolución poderase interpor recurso de apelación para ante a audiencia provincial neste xulgado no prazo de cinco días desde a notificación, conforme o trámite previsto no artigo 733 LAC. Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo; dou fe».

E para que conste e sirva de notificación ó demandado Juan Manuel Campos Suárez, en paradoiro descoñecido, expido e asino esta cédula en Santiago de Compostela o dezaseis de abril de mil novecentos noventa e seis; dou fe.

O secretario

Rubricado

3252